8ª xornada

logo liga de primaveira 2020 new south wales australia eltiempoentuojete

Port Macquarie

Entorno

A oitava cita da VII Liga da Primaveira vaise desputar na rexión de North Coast, na New South Wales. Situada a 500 km ao norte de Sydney e outros tantos ao sur de Brisbane, agárdanos Port Macquarie.

Este enclave foi descuberto polos europeos no ano 1818 polo explorador John Oxley, que lideraba unha expedición no interior de New South Wales e bautizou a cidade, na desembocadura do río Hastings. Pero antes de ser cidade foi un enclave penal, unha cárcere na fin do mundo.

O faro de Crowdy Head é o derradeiro dos deseñados e construidos por James Barnet entre 1878 e 1880 e está integrado no patrimonio natural e cultural de Australia. Deseñado para controlar o tráfico marítimo na entrada do río Manning, estaba dotado dunha lente de Fresnel, que foi vendida en eBay no ano 2002 por 20.000 dólares e está exposto en New Jersey, nos Estados Unidos.

Localización

Datos da estación

A Estación Port Macquarie está ubicada a -31,26º de latitude e 152,51º de lonxitude e a unha altitude de 4 metros. Situada, daquela, no estado de New South Wales, foi dada de alta o 20 de Xuño de 2006.

Esta xornada vaise desputar o Domingo 24 de Maio. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 22 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa.