Entorno
A novena xornada da VII Liga de Primaveira visita unha das grandes urbes mundiais. Recorda que Sydney non é a capital de Australia, pero sí a cidade máis poblada do país.
Sydney é o asentamento da primeira colonia británica no chan de Australia. Foi fundada en 1788 por Arthur Phillips, almirante da Primeira Flota de Gran Bretaña, na amplia bahía de Sydney, polo que é a cidade máis antiga do país. Actualmente é a capital de New South Wales.
Sydney na actualidade conta con preto de 5 millóns de habitantes, a cidade máis poblada do continente de Oceanía. Unha grande variedade de atractivos a converten nunha da 15 cidades máis visitadas do mundo. A Casa da Ópera, a ponte da Bahía (Harbour Bridge), multitude de praias e parques nacionais na contorna atraen multitude de visitantes.
Localización
Datos da estación
A Estación Sidney Airport está ubicada a -33,56º de latitude e 151,10º de lonxitude e a unha altitude de 6 metros. Situada, daquela, no estado de New South Wales, foi dada de alta o 20 de Xuño de 2006.