4ª xornada

logo liga de primaveira 2020 new south wales australia eltiempoentuojete

Yamba Pilot

Entorno

A cuarta cita da VII Liga da Primaveira visita  a costa norte do estado de New South Wales. Yamba foi votada a mellor cidade de toda Australia no ano 2009 (Australian Traveler).

Yamba é unha cidade na desembocadura do río Clarence. Os pobos aboríxes Yaegl e Bundjalung vivían eiqui antes da chegada de Matthew Flinders en 1799, enviado a buscar un novo Edén, que o descartou por perigoso. A finais do século XIX establecéuse unha gran industria pesqueira, sobre todo gambas e ostras. Na actualidade a principal industria é a de cultivo de cana de azucre.

O turismo tamén é un motor en Yamba dende a década de 1930. Pero xa en 1908 formóuse un dos clubes de surf máis antigos do mundo, o Yamba Surf Lifesaving ClubHoxe en día son moi populares os avistamentos de golfiños e baléas, dende Lovers Point Rock Wall, na praia de Pippy. Tamén existen varios campos e clubs de golf para solaz dos turistas máis pudentes.

Localización

Datos da estación

A Estación Yamba Pilot Station está ubicada a -29,25º de latitude e 153,21º de lonxitude e a unha altitude de 27 metros. Situada, daquela, no estado de New South Wales, foi dada de alta en 1877.

Esta xornada vaise desputar o Domingo 26 de Abril. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 24 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa.