
monografías
eltiempoentuojete
Clima e lendas: A máquina de chuvia (Verducido)
A finais dos anos 30 do século XX un home aseguraba que podía facer chover en calqueira sitio, ainda desértico. Ainda que varias demostracións públicas o avalaron, a comunidade científica tratouno de fraude. Chamábase Juan Baigorri Velar.
A "sua" historia
Segundo él mesmo, naceu en Concepción del Uruguay, Argentina, en 1891. Fillo de un coronel do exército, que o criou nun ambiente de disciplina.
Estudou no prestixioso Colexio Nacional de Buenos Aires, dende onde marchou a Italia, onde se graduou en Inxeñería petrolífera.
Chamado polo xeneral e inxeñeiro Mosconi, xefe da incipiente petroleira pública arxentina, YPF (Yacimientos Petrolíferos Fiscales). Máis tarde estudaría Inxeñería Xeofísica na Universidade de Milán.
Casado con María Arminda Saccardo en 1922 e cun único fillo, William Francisco.
Pero a realidade, baseada nun estudo de Diego Huberman, é que naceu en 1892 en San José. Non existe constancia de que estudara no Colexio Nacional nin en Italia. A maiores, cando casou en 1922, mentiu afirmándose coma solteiro cando anteriormente casara con Camila Maquieira, unha española á que lle fixo tres fillos sen que o voltase ver diante.
Do seu traballo pra YPF tampouco queda constancia, nin existen rexistros. Descoñécese tamén a natureza dos seus viaxes e a maneira de gañarse a vida.
Aparece de entre as sombras no 1938, cando da a coñecer que dispón dunha máquina que pode facer chover. A comunidade científica e parte do pobo arxentino tildóuno de estafador. Pero iso foi outro tema que tampouco se poido certificar.
Gostaba de argallar
Sábese que foi un paisano inquieto que comezou a fabricar os seus propios aparellos, sempre no campo da prospección de minas e xacimentos petrolíferos.
Contou que foi en Bolivia, no altiplano, onde probando un aparello propio buscador de minerais douse conta de que, ó pouco de prendelo, comezaba unha chuvia fina. Baigorri enfadábase porque o seu aparello non traballaba con chuvia, pero viu como se aledaban os mozos da rexión contratados. Era unha zona onde levaban máis de oito anos de seca.
Deuse conta de que o seu aparello facía un traballo distinto á busca de minerais. Podía crear “conxestións electromagnéticas” a partires das irradiacións da máquina.
O aparello estaba composto por unha caixa de aproximadamente 40 x 40 cms., unha batería eléctrica, unha combinación de 5 metais radiactivos e sustancias químicas, e duas antenas, con polo positivo e negativo, encargadas de direccionar as emisións.
A fama chovida
En 1938 desplegou o proxecto ante o xerente do Ferrocarril Central Arxentino. A empresa chamou o xefe de Fomento Rural, para que o acompañara e fixera un informe. Baigorri somentes pedía transporte a zonas áridas e loxística.
O 11 de novembro chegaron á Colonia Los Milagros e preparou a máquina de chuvia. Oito horas despois desatouse unha tormenta, pero que deixou escasa precipitación. Baigorri aludíu problemas técnicos e prometeu fabricar outro máis potente.
O 22 de decembro viaxou ata Santiago del Estero. Ás 55 horas de funcionamento, orixinouse un chaparrón. Seica doulle máis potencia e chegaron a recoller 55 l/m².
Despois diso, mantivo unha reunión co Ministro de Agricultura. Entrevista con The Times e ofertas dos Estados Unidos, rexeitadas por patriotismo. Chegada a Buenos Aires onde os levaron en alto ata as instalacións do Ferrocarril.
Polémico
Pero tamén labraba enimigos. Ese tipo de noticias comprometían á comunidade científica. E Alfredo Galmarini era o director do Servicio Meteorolóxico Nacional.
Juan Baigorri non tardou na resposta:
E para queimar ainda máis ó meteorólogo, envióulle un paraugas cunha nota que dicía:
Durante os días anteriores os xornais reflexaron con ironía a loita entre a ciencia e a especulación, tomando parte por un e por outro e xerando debate na poboación.
O presidente Ortiz deu o discurso de Ano Novo e o día seguinte comezaron a aparecer as nubes. A víspera do gran día subíu ata o laboratorio, mirou o ceo e xa case paladeaba a vitoria. Despertou ás 5 da mañán co estrondo da chuvia no tellado.


Máquina de chuvia ou fraude?
Continuaron as ofertas, pero dicía que era o único que podía manexar o aparello. A comunidade científica seguíu criticando o procedemento e terminaron por socavar a credibilidade de Baigorri, que se retirou da escena pública. Pero non foi antes de acudir a Carhué, onde a seca deixou baleiro o lago Epecué. O 7 e 8 de febreiro desatáronse duas tormentas que fixeron que o lago botara por fora. Despois, Baigorri desapareceu.
Ata que en 1951 chamóuno o Ministro de Asuntos Técnicos, Raul Mendé, para volver a poñer a máquina de chuvia de novo en funcionamento.
En 1952 provocu chuvias en Caucete, que levaba oito anos de seca. En Córdoba non soamente fixo chover, senón que desatou un tornado. Fóiselle das mans…
Na Pampa fixo chover ante rapaces que non coñeceran ainda a chuvia. Pero a negativa rotunda a desvelar o funcionamento do aparello instalou reticencias no goberno de Perón e deixaron de chamalo.
Iso terminou por recluir definitivamente a Baigorri. Ainda que en 1970 acudíu coa sua máquina de chuvia ata a conca do Río Negro, en Uruguay. Despois de varios días a chuvia non apareceu e o governo de Uruguay negouse a pagarlle, polo que o enxeñeiro meteunos no xulgado.
Preguntas sen resposta
Morreu case na miseria o 24 de marzo de 1972, víspera do Día Mundial da Meteoroloxía. No seu enterro choveu, por suposto. Nada se sabe do paradeiro da milagrosa máquina.
¿Funcionaba realmente a máquina de chuvia de Juan Baigorri, eran casualidades ou foi simplemente un estafador? Nunha entrevista con Galmarini, o seu pior enimigo,éste recoñece que poidera ter sorte. Outros científicos relacionan o aparello cun rudimentario radar meteorolóxico. Éste funciona enviando ondas electromagnéticas a atmósfera, que recolle o seu eco e determina a cantidade de partículas de auga, a sua velocidade, etc…
Entón poderíamos supoñer que o que facía Baigorri era enviar ondas a atmósfera e dalgún modo recibir lecturas de cando podía chegar a chuvia.
Ou sexa, que podía predicir a chuvia, pero non creala.
Fontes:
