monografías
eltiempoentuojete
Clima e lendas. O galo de Barcelos
O galo de Barcelos é un dos símbolos representativos do país veciño, Portugal. Conta coa cualidade de predicir o tempo a curto prazo e ten a sua orixe nunha lenda medieval cun galego coma protagonista.
A lenda do Galo de Barcelos
Algunhas versións sinalan que un crime sen resolver en Barcelinhos foi atribuido a un peregrino galego en romería cara Santiago de Compostela. Outras fontes suxiren que o peregrino roubara a un terrateniente local e que este o denunciara.
Segundo o arquivo do Museo Arqueolóxico de Barcelos, existía unha forca en Barcelinhos e, preto dela, unha pousada famosa pola beleza da sua dona. Ésta quedou prendada a primeira vista dun galego, en peregrinación a Compostela pagando unha promesa feita. As insinuacións da posadeira cairon en saco roto cando o romeiro, sen síntomas de enfeitizamento, excusouse na natureza piadosa da sua viaxe.
Unha lusa raposeira
A muller, resentida, dispuxo a sua vinganza. Esa noite, agachou na equipaxe do galego varias pezas de prata.
Pola mañá xa fora denunciado e as autoridaes atoparon a prata no seu bagaxe. Foi levado ante o xuiz, quen estaba a piques de xantar un galo asado. Entre as probas irrefutables e a fame que tiña, non tardou en condealo á pena máxima na forca próxima.
O galego, de repente posuido polo espíritu do Santiago Apostol, espetóulle ó comensal:
Mentras o levaban ata a forca, preto de alí, o maxistrado dudaba se insertar o coitelo por baixo o zanco ou abrir o peito sen escrúpulos. Foi interrumpido polo propio galo, que facendo dunha rutina diaria toda unha filosofía vital, erguese no plato e cantou coma se estivera nacendo o sol.
O xuiz, dándose conta que a intervención divina contradecía o seu veredicto, correu en pos do axusticiado tentando evitar a sentencia. Pero cando chegou ó lugar, o galego lucía pendurado polo pescozo, pero suxeito polos pés por Santiago Apostol.
O peregrino voltou anos máis tarde e tallou en pedra un cruceiro para conmemorar o acontecimento. Este cruceiro atópase no Museo Arqueolóxico de Barcelos. Data do século XIV e nunha das suas caras podes ver unha escena dun home pendurado nunha forca e ó Apóstolo Santiago sostendo a éste polos pés evitándolle a morte.
A ciencia do galo do tempo
A tradición cerámica da rexión de Braga e, sobre todo, Barcelos, tirou da lenda para deseñar un galo que representase a vila. Pero o revolucionario estaba no plumaxe das suas ás e cola, que mediante trocos no seu color podía predicir o tempo a curto prazo.
A maxia do galo reside na pintura que o decora a plumaxe. Troca de cor cando presinte cambios de tempo.
Está composta por xel de sílice, un axente desecante que podemos atopar en pequenas bolsas que acompañan roupa, aparellos electrónicos e caqueira cousa susceptible de danarse coa humidade. Este xel é transparente, pero o engadirlle cloruro de cobalto torna a cor azul e utilízase coma medidor da carga da humidade presente no xel.
Canto máis troque a cor a rosa pálido, máis cargado de humidade está.
A química do galinho.
Explicación da química do xel de sílice
Século XX. O galo de Portugal
Pero cando chegamos á década dos anos 30 do século XX aparece Antonio Ferro, propagandista do Estado Novo, a dictadura de Salazar entre 1933 e 1974. Moi amigo de nacionalizar símbolos rexionais portugueses, modernizou o deseño do galo e presentouno na “Exposição de Arte Popular Portuguesa” celebrada en Ginebra no ano 1935. No ano seguinte repetiuse en Lisboa, con grande éxito. Nos anos ´50 e ´60 converteuse no referente do turismo e símbolo do país.
A partires da Revolución do ´74 reinvéntase de novo ofrecendo unha imaxe máis fresca, representando a liberdade. Incluso vóltase lenzo en branco onde calqueira pode deseñar os seus soños.
Fontes:
oscarreirosdahistoria.blogspot.com
fromaportuguesewithlove.blogspot.com
cm-barcelos.pt