
monografías
eltiempoentuojete
Clima e vida. O clima e a mortandade
Ainda vivindo nunha sociedade organizada e tecnolóxicamente desenrrolada, as taxas de mortandade aumentan no inverno e durante as ondas de calor no vran. Existe unha relación entre clima e mortandade.
A estadística dí que en Europa, as mortes teñen o seu punto máis baixo nos 17º C, e aumenta cando sube ou baixa dese nivel.
Antigamente contábanse as mortes durante o inverno e comparábase coa media anual de mortes. O excedente era a mortandade invernal. Sinxelo de calcular, pero impreciso. Se a mortandade no vran superaba á do inverno, podería significar que non houbo mortandade no inverno, ainda que éste causara moitas mortes. No día de hoxe, os datos tómanse de maneira diaria.
Nun estudo sobre Gran Bretaña, calcúlase en 40.000 os mortos anuais relacionados co frio, na contra de 1.000 mortes por calor (datos por millón de habitantes).
O frío e a morte
O 50% dos mortos por frio corresponden a trombosis coronarias e cerebrais (paro cardiaco e apoplexía). Un 25% pertence a enfermedades respiratorias. Nestos casos son causas directas. O frio coagula ó sangue con facilidade e sendo máis concentrada favorece a aparición de trombosis por coágulos nas arterias. As infeccións respiratorias aumentan os niveis de fibrinógenos, promovendo de novo a coagulación.
As infeccións teñen motivos variados. Co frío, a xente tende a reunirse en lugares con pouca ventilación e facilita a expansión de virus. Respirar aire frio produce tos e goteira nasal. Ademáis, outros estudos alertan da reducción da resposta inmunolóxica durante o frío. Ésta aumenta co calor.
Unha gripe severa pode desembocar nunha neumonía, ó pasar a infección da boca ou nariz ata os bronquios e dende ahí, ós pulmóns.
O fin da gripe
No pasado, unha epidemia de gripe levaba decenas de miles de vidas cada dous ou tres anos. Dispoñemos de vacunas dende os anos 40 e a nivel masivo dende os 70, pero o descenso importante foi anterior á inmunización. E a hixiene foi primordial. As cepas máis fortes proviñan da gripe típica das aves (Gripe Aviar) que ainda aflora de cando en vez, criada en granxas de producción masiva de polos. A separación do home das bestas funcionou. O derradeiro episodio pandémico foi no 1918.
Despois do descenso das mortes por gripe, outra causa podía ser a hipotermia. Pero en Europa, a hipotermia e estrana en tempos de paz.
Outro factor sería a carencia de vitaminas de alimentos frescos no inverno. A vitamina C protexe frente á trombosis e está presente en frutas e verduras, xunto co Sol. Hoxe en día é sinxelo atopar calquer alimento en calquer época do ano, e se buscas a vida, ata Sol.
E de igual maneira, a mortandade vinculada ó calor ven dada por trombosis coronaria e cerebral, resultado da hemoconcentración e a perda de auga e sales por sudoración. En menor medida tamén producen mortes a hipertermia e a fatiga do corazón.
Cambio climático e mortandade
A existencia dun quecemento global é claro dende fai 30 anos, ten un factor humano e segue avanzando. Pode afectar á relación entre clima e mortandade?
Dende o comezo pensouse que voltariamos a vivir unha pandemia de malaria, ó voltar os insectos a climas máis fríos, pero os estudos confirman que tanto a hixiene e forma de vida, xunto cos métodos de cultivo moderno farían esa posibilidade moi improbable. (A malaria foi endémica en Europa e Rusia e foi erradicada. En España, segundo a OMS, no 1964.)
Cando falamos de quecemento global, pensamos en morrer de calor. Pero habendo máis mortes por frío que por calor, o efecto xeral sería beneficioso. Un estudo sobre G. Bretaña sinala que, cun aumento de +2º C nas temperaturas medias, o incremento anual de mortes por calor sería de 2.000. Pero ese mesmo aumento causaría 20.000 mortes menos por consecuencia do frío.
Unha enquisa de poboación sinala que os paises máis xélidos, coma Finlandia, están mellor preparados para a friaxe e non se percibe aumento de mortes no inverno. O caso contrario acontece nos paises máis mornos, onde morre máis xente por frío no inverno, coma G. Bretaña ou Grecia. Éstes paises son máis efectivos na loita contra a calor, como é o caso da “siesta” na Europa meridional.
Ou sexa, que ainda que o quecemento global podería baixar as taxas de mortandade por frío no inverno, non semella suficiente a menos que melloren as condicións que reduzan a exposición ó frío tanto en interior coma en exterior. En resumen, que vos abriguedes ben, evitade hospitais e outros centros de concentración de xente, poñede a calefacción é, por se acaso, botade outra manta na cama…
Fontes:
