monografías
eltiempoentuojete
Domingo Fontán Rodríguez, o home que mediu Galicia .(II).
Era abril de 1819 , Domingos Fontán xa levaba dous anos traballando no mapa, medindo una e outra vez latitude, lonxitude e azimut, medindo a distancia dos lados dos triángulos que o achegaban sen pausa á comprensión dun país .
Desde a primeira medición dende a Torre do Reloxo da catedral de Compostela,que dera una lonxitude de 4º 48´ e 15” desde o meridiano de Madrid , Domingos non descansara. Si, aínda quedan 65 anos para que o meridiano de Greenwicht sexa declarado como primeiro meridiano, e todo o mundo utiliza o que lle da a gana por razóns de prestixio político . De feito, nin a poderosa Marina Española, aínda temible pero desangrada desde Trafalgar, utiliza o meridiano de Madrid, senón que utiliza, ao igual que a maioría das mariñas europeas, o meridiano da illa de El Hierro, ou sexa que a laboura de Domingos para ordear o mundo aínda debe pasar polo obrigado paso da uniformización das medidas. Domingos segue a medir en varas de Burgos e con referencias a un meridiano sólo utilizado polos escasos ilustrados que apenas retiran as penumbras que obscurecen o país.
Pero agora toca , falando de países obscurecidos, a medición de Galicia, Domingos, contrariando a opinión de moitos rexeitara as medidas pèrfectas do círculo e optado polo pitagórico triángulo, moito máis versátil, moito máis resistente, e o primeiro foi determinar as medidas do triángulo inicial, unhas medidas non dictadas por unha ignota divinidade, senón pola pacente labor do teodolito, e as perchas de abeto utilizadas como marcadores. Ese primeiro triángulo equilátero, ese dedo divino tivo unha primeira medida de 2744 varas, ou o que máis tarde serían 2291 metros, a continua repetición dese triángulo daría lugar ao verdadeiro Graal, a exacta medida.
Pero aquí sólo cabe supoñer, o problema non era solamente unha serie de complexos calculos matemáticos, senón que Domingos Fontán non se fiaba de faladoiros e do a min saiume así , Fontán coñecía o paisanaxe autóctono e díxose que era él, e sólo él quén debería facer as medidas, e decir, subir a cada curuto, cumio, pico, outeiro e baixar a cada cavorco e val, unha e outra vez . E agora toca falar dun inglés que non tivo éxito en Galicia, polo menos naqueles anos, refírome a Obadiah Elliot, inventor da amortiguación para carromatos, e agora, amable lector , intenta pensar nos camiños, corredoiras, carreiros ou vereas que algunha vez tiveche que utilizar en algunha aldea, agora pensa cantos carros do pais tiñan amortiguación e despois descubriras porque Domingos Fontan preferiu o cabalo (falamos do cuadrúpedo) .
Outro problema era, é, o paisanaxe autóctono, que teoricamente si facemos caso aos historiadores (raza maldita) nunca dera demasiados problemas…
Ata 1808, donde chegaron os franceses que viñan a traer a democracia,a libertade, a legalidade e a fraternidade, todas cousas que poderían gustarlle a moitos, pero desde logo non a fidalgos e cregos, aínda así os franceses puideronlle facer caso a Maximilian Robespierre (alias o Incorruptible) sobre aquelo de que a ninguén gustan o misioneiros armados, especialmente os que veñen a valeirar a despensa, o feito e que media Galicia colleu gusto ao do monte e ao trabuco, e despois de disparar contra os franceses sempre podíase facelo cós afrancesados, digamos que o pais estaba un pouco revolto, de feito cando Don Domingos Fontán medía Galicia dun lado a outro, alá por 1820, en Cotobade, ( perdón agora Cotobade-Cerdedo), operaba o chamado Exercito de Operaciones de la Fe , a particular versión cotobadecerdedense do Daesh, que tiña como grito de guerra “Viva el Rey absoluto y mueran los negros” , o de negros non era un tema racista senón o alcume dirixido aos liberais, e os do pobo antes coñecido como Cotobade, ou polos menos parte del , debían ter un aguardenteiro de sete estalos, porque incluso un día fóronse de picnic a bombardear Pontevedra, o que fixo que anos máis tarde un ilustre alcalde liberal de Pontevedra metido a historiador, o insigne Claudio González Zuñiga, cuia casa ao lado da Peregrina hoxe ocupa unha coñecida sidrería , denomináraos ”Gente vil y primitiva, que bajaban de lo alto de las brañas de sus montes” . Ao final , afortunadamente, o moito que algúns do pobo antes coñecido como Cotobade sabían de catecismo compensábanno co seu total descoñecemento da balística, polo que o intento da toma de Pontevedra supoñemos que remataría nalgunha taberna de Loureiro .
Todo este parágrafo era para amosar o complicado que debeu ser a aventura de Fontán, un home que fixo case en soedade, a medición enteira dun pais, ó primeiro mapa con criterios e cálculos científicos da Península Ibérica, un mapa non superado ata a aparición dos modernos métodos con cartografía satelital , e feito por un home descoñecido para un gran público que nese momento lamentaba a morte de Curro Guillén na praza de Ronda, esé era o famoso. Douscentos anos despois en Galicia os escolares recitan a alineación do Madrid ou Barça e descoñecen nomes coma o deAnxo Carracedo, un dos expertos mundiais en genómica e o libro máis vendido de España neste mes con máis de 100000 exemplares que retratan outros tantos cretinos, segue a bater records, seres que nunca recoñeceran os nomes de Ignacio Cirac, de Mariano Barbacid ou María Blasco, persoas que si poden mellorar vidas e cambiar o mundo.
En fin, de todas formas si mirades por cerca da vosa casa un home cun teodolito, tende a seguridade que non e Domingos Fontán rematando o mapa…ou son da parcelaria ou son de Obras Públicas… e vanvos foder.