O regreso do outono a Galicia (2019)

Datos do outono de 2014-2019 en gráficas elaboradas por Verducido a partir dos datos históricos de Meteogalicia.

No nadal de 2017 publiquei un informe sobre a seca que asolou galicia e que tivo o seu máximo expoñente nese mesmo ano. Podes atopala eiquí. Hoxe, dous anos despois publicamos o informe da recuperación do outono en Galicia.
Os datos abranguen as datas que competen o outono, entre o 21 de septembro e o 23 de decembro.
Os datos de auga recollida veñen de duas estacións da cornisa atlántica, en Coruña e Pontevedra e unha da provincia de Ourense.
Os datos de horas de sol están tomadas na provincia de Pontevedra, no clima das Rías Baixas, e en duas localizacións coñecidas pola carencia de luz, Santiago de Compostela e Lugo.
Os datos de caudal dos ríos tomáronse nas concas do Lérez, en Pontevedra, o Landro, no norte da provincia de Lugo e no Ulla, na zona de Melide (A Coruña).

O regreso do outono a Galicia. Chuvia

Comparativa de precipitación no outono en Fornelos de Montes (Pontevedra), Santa Comba (A Coruña) e O Courel (Lugo) entre o periodo 2014-2019.

Santa Comba (A Coruña):

A gráfica de Fontecada sinala dous anos moi pobres en precipitación e un gran repunte destas nos dous últimos anos

Folgoso do Courel (Lugo):

En Folgoso do Courel  non se notou tanto a rebaixa nas precipitacións, pero sí un grande aumento neste ano de 2019.

Fornelos de Montes (Pontevedra):

Fornelos de Montes sufriu coma ningún lugar a seca no 2017, pero os dous derradeiros anos achéganse as marcas de 2010, un ano de referencia en chuvia.

O regreso do outono a Galicia. Caudal dos ríos

Caudal medio dos rios en Galiza. Datos tomados do Ulla (A Coruña), Lérez (Pontevedra) e Landro (Lugo) entre 2014 e 2019.

O caudal do río Ulla viña moi baixo ata 2018, onde recuperou a sua media. Neste ano 2019, disparouse.

O río Lérez tiña unha tendencia moi á baixa ata 2018, que ainda incrementou neste 2019

O Landro non acusou a rebaixa do seu caudal tanto coma os ríos da cornisa atlántica, pero sí o repunte do ano actual.

O regreso do outono a Galicia. Horas de sol

Cantidade estacional (outono) de horas de sol en Lugo, Santiago de Compostela e A Lanzada (Pontevedra) entre o 2014 e o 2019.

O incremento de horas de sol en Lugo tivo o seu tope en 2017. Neste ano 2019 reducíuse case á metade.

Santiago gozou de veráns “dobres” ata 2017. Este outono tiveron menos da metade de horas de sol.

Tamén nas Rías Baixas se notou a disminución de luz neste ano 2019, case a metade do ano 2017.

As gráficas actuais reflicten o regreso do outono a Galicia despóis de varios anos de seca nos campos e ríos pouco caudalosos. 

As precipitacións traen consigo tanto a auga necesaria coma a sombra que non deixa que a evaporación traballe coma con días despexados. Esa evaporación que baleira grandes cantidades de auga dos encoros e da propia terra. Pode haber anos que chova por debaixo da media, pero tendo ceos anubrados o factor evaporación é menor que petando o sol. E iso tamén fai que o caudal dos ríos aumente.

Que me desculpen os amantes do sol, pero estos outonos secos dos derradeiros anos non conveñen nun país coma Galicia. Pode facer sol no mes de septembro, pero o 1 de outubro debería asomar a primeira borrasca. Recordo que a primeira borrasca en chegar a Galicia no 2017, fixoo a comezos de decembro. Cántas levamos este ano…?  

Podes atopar estes datos e moitos máis na páxina web de Meteogalicia, no enlace de embaixo.

Fonte:

deixa pegada en internet llamada a la acción

Outras monografías