Cirros. O ballet das nubes

Un ballet a 10,000 metros

Surcando o máis alto da troposfera podemos distinguir un tipo de nube moi fina, vaporosa e a miudo melancólica. Teñen cor branca e formas fibrosas, coma cabelos, ás veces rizados. Ou son coma espiñas de peixe, garfos de pirata ou parches. Son as nubes cirros.

Pasan desapercibidas debido a sua elevada altitude e a baixa densidade, a diferencia de outros tipos de nube máis mediáticos. Se ves unha nube alta de natureza fibrosa, é moi posible que sexa cirro.

O término cirro deriva da palabra latina cirrus, que significa “rizo” e a sua abreviatura no mundo das nubes é Ci.

Ubícanse no nivel alto da troposfera, entre os 5000 e 15000 metros. Nesa altitude as temperaturas son baixas polo que as nubes cirros están formados por pequenos cristais de xeo. Por iso son sinxelas de diferenciar do resto de tipos de nube.

Pode ter varias orixes:

  • Turbulencias cando hai fortes trocos verticais na dirección do vento
  • Por convección. Cando o sol quece o chan e o aire, crea correntes ascendentes
  • Pola perda de cristais de xeo de cumulonimbos, cirrocúmulos e altocúmulos ó esvaecerse

É unha nube doada de ver, sobre todo nos días solleiros. Cando as nubes cirros aparecen illadas pronostican bo tempo, pero cando avanzan organizados e se acrecentan progresivamente suxiren a chegada dunha borrasca ou un frente frio.

Especies de nubes cirros

Cirrus castellanus

Pequenas torres medrando con estelas na parte baixa.

Cirrus fibratus

Semellantes a cabelos, fíos, ou fibras extendidas

Cirrus floccus

Redondiños, enchidos e con colas  farrapentas

Cirrus spissatus

Parches densos e grises, chegan a ocultar a luz do sol

Cirrus uncinus

Tiras longas e curvas na punta, tipo garfos, comas

Especies de cirros en Galicia

Variedades de nubes cirros

Cirrus duplicatus

Capas a distintas altitudes, a miúdo en direccións distintas

Cirrus intortus

Coma cabelos ou fíos enleados. Son exclusivas dos cirros

Cirrus vertebratus

Con forma de espiñas de peixe ou columna con costelas

Cirrus radiatus

Bandas ou liñas paralelas que avanzan na dirección do vento

Variedades de cirros en Galicia

Características complementarias e nubes accesorias

Car. Complementarias

Nubes asociadas

Cirrus fluctus

Rizos coma ondas de mar chamadas ondas de Kelvin-helmholtz

Cirrus mamma

Ten forma de saco con “ubres” na parte baixa da nube

Cirrus homogenitus

Causado por acción do home, son comúns as estelas de avións

Cirrus homomutatus

Mutación dun homogénitus pola acción do vento

Nubes accesorias de cirros en Galicia

Identificar nubes cirros

Os cirros son quizáis as nubes máis doadas de identificar no ceo, pero tes que pensar que as nubes poden pasar dun tipo ou especie a outra de modo moi rápido. Pódelas ver nas capas máis altas, teñen forma de cabelos, fios, garfos ou sinxelos velos brancos. Son lixeiras e sedosas e cando cubren o sol ou a lúa deixan fenómenos ópticos espectaculares.  

foto portada nubes cirros para monografía nubes cirros foto de fran torres otero eltiempoentuojete
Illa de Ons entre lusco e fusco
foto cirros homogenitus y cirros fibratus para monografias de nubes cirrus foto de fran torres otero eltiempoentuojete
Cirros velando á lua na Ría de Pontevedra

É un cirro cando...

Non é cirro...

Comparando

Apuntes

Ficha técnica das nubes cirros

Fontes:

 

Atlas intenacional de nubes da OMM

whatsthiscloud

Tódalas fotos que ilustran este artigo son do arquivo fotográfico de Fran Torres

agás cirrus fibratus intortus e cirros fibratus vertebratus que son de Bea Caamaño

Outras monografías