O chinés dos chinos. O opio mexicano. (Verducido)

O narcotráfico en México ten unha orixe. 3141 kms. de fronteira (hoxe preto de 3180) con os USA. Unha liña que atravesa pantanos, desertos, montañas, pequenos pobos e grandes cidades. Pero quén foi o que plantou o opio que hoxe en día fai de México o 3º productor mundial? Afondando na historia, esto é unha mostra do que atopei…

No século XIX, os preceptos morais e políticos que acompañan á tradición puritana dos colonizadores, ou WASP (White Anglo Saxon Protestant) que botaban as culpas da lacra da droga ás outras etnias (chineses e opio, negros e cocaina, mexicanos e marihuana…), ainda que eles eran os principais consumidores. En 1906, naConvención del Opio, USA decidiu extender a causa fora das suas fronteiras, agachando unha campaña de extorsión ós paises produtores e distribuidores. Na Conferencia de La Haya en 1911, dous anos antes, México prohibe os cultivos ilícitos de marihuana e amapola.

infografía sobre os WASP puritáns americanos para opio mexicano
Anexo 1

Nese ano de 1911 chega Lai Chang Wong a Sinaloa. Saira precipitadamente de Hong Kong, onde nacera no 1869, perseguido polo sable do seu tío. Deixara preñada a sua tía política e, ainda que ela asumiu as culpas, seu tío non envainou o sable. Marchou como cociñeiro nun barco cara América. Arribou a S. Francisco onde comenzou a traballar nunha botica, dado que leera moitos libros de medicina en Hong Kong. Cando tivo noticia da Revolución Mexicana, arribou a Sinaloa, onde se enrrolou como médico no Exército Revolucionario do Noroeste. Dez anos máis tarde abandonaba o servicio cun balazo na perna dereita, que lle queda tolleita. Monta un consultorio naturista en El Dorado (Sinaloa), onde tiña unha horta na que plantaba de todo, máis unha pequena flor que usaba para ungüentos. Alí convértese ao catolicismo co nome de José Amarillas, o mesmo do cura que o bautiza.

foto de pancho villa y sus dorados guerra de mexico
Villa y sus Dorados
misa china clandestina para opio mexicano
Misa clandestina chinesa
recolección de opio para opio mexicano

Leis prohibitivas

Mentras, en 1914, a Ley Harrison ilegaliza o consumo de marihuana, opiaceos e cocaina en Estados Unidos. Coa prohibición de cultivos en México, pasan uns anos tranquilos ata que se dicta en USA en 1919, a Ley Seca. Causa moito impacto nos paises veciños e os “coyotes” mexicanos recuperan ás ruta e crean outras novaspara introducir alcoholes en Gringoland. A maioría pasan polo porto de Mazatlan. Durante a Revolución Mexicana, o governo tentou prohibir drogas e alcohol, incluso fixeron unha lei en 1923, pero moitos governadores e revolucionarios negáronse a cumplila. Nos primeiros anos 30, Juan Nepomuceno Guerra fundaría o que se cree o pioneiro dos Cárteles, o Cártel del Golfo.

francis burton harrison para opio mexicano
Francis Burton Harrison
lei volstad o lei seca para opio mexicano
A Ley Seca ou Ley Volstad
Juan Nepomuceno Guerra para opio mexicano
Juan Nepomuceno Guerra

En El Dorado, Amarillas gañaba os seus cartiños e gostaba moito do xogo. Nunha noite de sorte, despois de desplumar ós amigos, e querendo eles recuperarse, tivo que se agachar e pouco despois xa tiña un consultorio en S. José de la Puerta, no municipio de Badiraguato. Apareouse cunha veciña coa que tivo 4 fillos, pero deixouna pouco despois e cara o 1927 xa vivía en Badiraguato. Coñeceu a unha serrana, Jesusita e, segundo a tradición oral, namorouna como “macho mexicano”. Non imaxino a un tipo chinesco e coxo dunha perna, aparecendo á noitiña na casa da Jesusa, montado a cabalo e cunha botella de tequila na man. Rematouna contratando unha “tambora”, ou sexa un grupo de rancheras que tocaban sua cancion predilecta… “Caballito Blanco”. Imposible rexeitalo, Jesusita casou e deulle 12 fillolos. Acostumaba chamala “Chuy-vieja”

José Amarillas, menciñeiro

Lai, agora José Amarillaschegou acumular 48 fillos. Para un chino fumador de opio, non está nada mal… Os sinaloenses estaban encantados con un tipo que non tocaba o bisturí, miraba os libros médicos antes de operar, estudiaba as trayectorias das balas e as extraía succionándoas. Pero nesa época acrecentábanse os sentimentos nacionalistas antichinos e preparouse para escapar. Axudado polo governador marchou disfrazado coma “arrieiro chinés” cara Chihuahua e tivo a “sorte” de dar cun brote de viruela negra que o mantivo vivo polos tratamentos para a pel que preparaba fervendo bostas de vaca e aplicando ás feridas da viruela. Despois da campaña antichina, cara 1934, voltou a Badiraguato a cabalo, coa muller, cheíño de cartos co que pagaba a banda de rancheras mentras se mamaba os tequilas e namoraba rapazas.

Anexo 2

A II Guerra Mundial

Mentras, en Europa, Hitler fechaba as portas de Marrocos, Túnez e Turquía, os grandes proveedores dos USA a través dos clans de Marsella que depuraban a droga. Entón, USA mira cara México. E chegan a un pacto (non recoñecido por nengún dos paises) para a busca de territorios apropiados para o cultivo da amapola. E eiquí reatopamos ó Sr. Amarillas, home escollido pola comisión liderada por Meyer Lansky, un mafioso xudeu de orixe bielorruso (gran amigo de “Lucky Luciano” e de Batista, o presidente cubano) para escoller as terras. Amarillas dispoñía de semente, contactos para conseguila en cantidade e xa cultivara en Sinaloa. Ademáis recluta homes de fiar, con valor e discretos. Sinala ás serras de Sinaloa, Durango e Chihuahua, o despois chamado “Triángulo Dourado”.

Ocupación nazi de Tunisia para opio mexicano
Ocupación nazi de Tunisia
triángulo dourado para opio mexicano
Triángulo dourado
infografía meyer lansky para opio mexicano
Anexo 3

Mafias

O rematar a guerra, vóltase ilegalizar de facto e USA retoma á sua politica antidrogas habitual. Pero en troco polos servicios prestados durante a guerra, a CIA (que recolle o testigo de Lansky) permítelle á mafia vender heroína en N. York e as grandes cidades, pero só nos barrios dos negros. En 1948, México comeza a primeira campaña de erradicación de cultivos ilegais no “Triángulo Dourado”. Isto fai que as vellas mafias, coma as italianas, retomen o control das rutas europea e asiática do tráfico de heroína en USA.

infografía capos de la droga nacidos en badiraguato para opio mexicano
Anexo 4

O mito

Mentras, Amarillas seguía en Badiguarato, e a xente peregrinaba dende kilómetros ata a sua consulta e incluso curaba gratis os desfarrapados. E ademáis mantiña ós 48 fill@s!! Xa con 79 anos, decidiu retirarse e marchar con Chepe, un dos fillos, ata Jesús María, na fronteira entre Culiacán e Badiraguato, onde morreu en 1953.

Este home, xa morto, carga coas culpas do cultivo de opio en México e o nacemento dun novo negocio ilícito cara os U.S.A, ou o que ven sendo un infiltrado do país comunista dentro dos defensores do mundo libre. E a mafia italiana no medio… e Hitler…, os xudeus bielorrusos… e todo isto en Sinaloa… este cocido leva LSD?Cantas preguntas sen resposta…

recolección de opio para opio mexicano
Descanse en paz

Fontes:

 El origen del narco, según la prosa popular sinaloense, Froylán Enciso

Partidos políticos y movimientos sociales en Sinaloa 1920-1940, Guadalupe García

Lai Chang o José Amarillas, Revista Presagio nº 26

DE LA BOTICA A LAS CALLES:
TRÁFICO Y CONSUMO DE DROGAS EN SINALOA, MÉXICO, 1910-1940, Juan Antonio Fernández Velázquez

deixa pegada en internet llamada a la acción

Outras monografías

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *