Dhulli foi a etapa gonzo no Torneo de Vran en Cachemira, quedando en dúas as oportunidades de vitoria final ou de situarse nunha posición entre os 16 mellores, ou incluso nunha situación vantaxosa de cara os cruces da Ojete’s Cup. O trunfo en Dhulli recaíu en dous repetidores e un convidado que non sse amosa demasiado nos derradeiros tempos.
A temperatura mínima non baixou na madrugada dos 21º C., un valor que marcaron pouc@s d@s apostantes. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 29º C., agardada tamén por menos. A presencia da chuvia inexistente e o vento marcou un refacho máximo de 3.5 nós, 6 km/h.
E despóis de botar contas, 3 participantes reparten o premio da vitoria con 57 puntos. Julio e Botikas repiten nesta edición e encabezan a táboa de clasificación após destas 3 etapas. Moito terán que errar para no velos na Ojete’s Cup loitando polo trofeo final de eltiempoentuojete. Por outra banda está Modesto, que levaba tempo na busca dunha ledicia, ainda que moita debe bregar para meterse entre os 16 mellores e acadar praza nas roldas eliminatorias. Pero afán non lle falta.
55 puntos para unha parella de loitador@s. Beocha empata na 4ª praza, no grupo de cacheiras de serie para as eliminatorias. Somentes lle separan 5 puntos co liderato, fazaña ainda factible. Xusto por tras, na 5ª praza, Víbora afianza posición e vai collendo vantaxe ós seus inmediatos persecutores, ainda que lonxe do cuarteto da cachola.
Con 54 puntos, Verducido, que ocupa praza de podio ainda que perdendo algo de folgos e con Beocha papándolle o terreo. Compoñente Sur mellora, acadando un lugar entre o Top-8 e buscando unha posición de privilexio cara os cruces.
E Bar Pequeno, con 53 puntos reivindicando a súa presenza máis que testimonial nestas pequeligas de entretempo, na busca da súa segunda fazaña e amolar ás vacas sagradas da competición.
Estes foron os 8 mellores competidores nesta etapa de Dhulli. Para acadar tódolos datos recollidos na derradeira etapa do XI Torneo de Vran pica no enlace baixo este texto.

