Este fin de semana remata a 8ª tempada de eltiempoentuojete. Chega ó seu fin co desenlace da competición meteorolóxica, a Ojete’s Cup 2021 en Escocia, e a sísmica, a OjeteQuake 2021. A Ojete’s Cup vai ter un gañador a primeiras, con dous xogadores inéditos nunha final do torneo de un-contra-un. A OjeteQuake ainda está por decidir, pero un xogador ten moitas papeletas para inaugurar o seu marcador abrindo as portas do Olimpo sísmico.
A gran final entre Xowi e Julio está moi parella, con pluviosidade e temperatura mínima empatada. A diferenza atopámola nun grado na temperatura máxima e no refacho de vento, que podería ser decisivo. A continuación presentamos unha comparativa dos finalistas ó longo da historia da Ojete’s Cup.
A loita polo 3º caixón do podio, entre Nanuq e Lukas ten denominador común na temperatura máxima e a pluviosidade. Moita diferenza na mínima e no vento, onde Lukas dobla a aposta de Nanuq.
Polo 5º posto, Víbora e Oscar teñen unha das eliminatorias máis parellas, cun único punto de distancia na temperatura mínima e un soitario kilómetro no vento, sendo un factor diferencial que pode marcar o rumbo do enfrontamento.
Sarabia e Jose Lopez loitan polo 7º lugar con apostas apertadas. Un punto de disparidade en cada un dos parámetros de temperatura e 5 kilómetros no vento son as diferenzas nunha rolda seca para ámbolos dous participantes.
A final B, pola parte mala do cadro van disputala Botikas e Kaltxon. Grandes discrepancias na temperatura máxima e no refacho de vento, mínimas moi semellantes e auga clavadiña, ningunha.
Polo lugar 11 na xeral, Beocha segue agardando a aposta de Zalamera. Perderá 10 puntos se consegue apostar antes das 16:00 horas.
Michi e Aki, na batalla polo 13º posto, teñen apostas similares en tódolos campos agás no refacho, no que Michi cuadriplica a aposta de Aki. O factor decisivo no caso de empate, moi aberto.
E na loita por evitar a vergoña, Breogán77 pode pasar de heróe do ano pasado, a vilán nesta edición onde ainda non acadou vitoria. O seu contrincante, Ocandepavlov, adoita vivir na poza do purín, pero é unha experiencia que non da vantaxe neste caso. Como de costume nesta rolda, diferenzas en tódolos campos, coa única aposta en auga de toda a tropa de eltiempoentuojete.
A etapa de Cherry Cottage comezará cara as 02:00 horas desta madrugada e podes seguila ao vivo dende este enlace.
Na OjeteQuake 2021 os principais aspirantes ó título alinéanse dende as Illas Kuriles, na fosa das Marianas, Filipinas, Indonesia e ata Samoa. Fora dos aspirantes e do Anel de Fogo temos avisos sísmicos nas Illas Sandwich, Letonia, Irán, Afganistán e no sur de Hanga Roa, nas aforas da costa chilena.
Recordamos que debes comprobar o mapa de apostas para certificar a túa posición e, no caso de erro, trocaremos o signo positivo ou negativo da túa aposta, no caso de ser necesario, avisando antes das 20:00 horas desta tarde cun email o noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com
Esta xornada, derradeira da OjeteQuake 2021 comeza ás 02:00 horas desta madrugada e podes seguila ao vivo dende este enlace. De origatorio seguimento se estás o Top-10.