
I Concurso de Receitas. Jhastronomía en B
eltiempoentuojete
Dende a páxina eltiempoentuojete.wordpress.com convocamos o I Corncurso de Receitas “Gastronomía en B” dende hoxe ata o día do Faio do Xurado, establecido o día 21 de Decembro de 2014. Éstas son as bases:
- As receitas poden ser de todos os formatos. Acetamos dende post-it, folios manuscritos, papiros ata a tecnoloxía infográfica da que dispoñemos, Photoshop, Word, Paint, Autocad e todo tipo de programas con texto, fotos, etc. e tamén formato video . Pódense enviar cun límite de duas receitas por persoa.
- As receitas deben ser arriscadas, ilusorias, singulares, extravagantes, insólitas, ficticias… pero que teñan unha mínima esperanza de realización. Podes usar ingredientes curiosos (tornillería, químicos, animais en extinción, roupa, suor…), utensilios atípicos (lavavaixelas, pías do porco, volcáns…) ou técnicas innovadoras (crioxenización, cociña sen lume, deposicións…) para facer a elaboración perfeta. Non hai límites para a imaxinación.
Arenque marinado á tua baixa temperatura (exemplo)

Sopa de Zurraspa (Verducido)
