Nas terras do vento

Segundo asalto desta XII Liga da Inverneira, desta vez trocamos ata de provincia, para achegarnos ata a costa luvense, no concello de Viveiro, na estación de Penedo do Galo, un referente nos refachos de vento da comunidade galega. A ameaza de borrasca quedou en nada, ou case nada pola oposición do anticiclón, pero ainda así temos ante nós unha etapa que non será un camño de rosas, ainda que tampouco unha toxeira. E non nos esquecemos de saudar moi cordialmente a Bar Pequeno, que perdeu a etapa inaugural na súa casa, Corrubedo. Benvido á túa casa!!

As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 15 ata os 22º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 11 e os 17º C., estas tamén con pequenas oscilacións. As precipitacións móvense nun rango de amplitude de entre 0 e 4 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 11 ata os 65 km/h.

Coma sempre será compricado de predicir vencedores con estas grandes diferenzas e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 2 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *