Esta sección da Liga da Inverneira está dedicada ás zonas altas da provincia de Ourense e nesa liña enmárcase a 16ª etapa ubicada no Alto do Rodicio, no concello de Maceda. Agardamos baixas temperaturas, vento medio e algunha posibilidade, ainda que pequena, de chuvia feble. A partires destas prediccións, á xornada semella moi igualada e con poucos, ainda que non nulos, trocos na clasificación xeral.
As apostas en temperatura máxima están abertas coma sempre, indo dende os 0 ata os 10º C. e con unha aposta asombrosa de 13º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -2 e os 4º C., complementada cunha aposta excéntrica de 8º C., estas de novo con oscilacións medias. A precipitación é un moi parámetro pouco discutido, con valores dende os 0 ata os 2, con maioría para os marcadores secos. Mentras. os refachos de vento van dende os 14 ata os 62 km/h., sendo un parámetro tamén moi aberto.
Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas en tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.
As apostas:



