Nova aventura asiática

Pica na imaxe para máis información

eltiempoentuojete comprácese en apresentar o XI Torneo de Vran, nesta ocasión viaxamos ata o nordeste de Pakistán, á rexión de Cachemira. A edición 2025 consta de 5 xornadas ó longo da xeografía pakistaní, con inicio e final en Cachemira, na rexión limítrofe e desputada coa India.

O inicio da competición está datado para o 6 de xullo en Chakothi e o remate será o 3 de agosto en Bandi Abbaspur.

Coma sempre, esta competición é a chave que da acceso á Ojete’s Cup, que se desputará ó longo do país de Pakistán, para non marchar moi lonxe. Temos 16 invitacións para outros tantos meteoludópatas que ocupen esas 16 primeiras prazas no Torneo de Vran. Ademáis, non existen etapas de transición no que respecta ás tardanzas. O horario será implacable con aqueles que superen as xa coñecidas 00:00 horas do venres de aposta.

Tamén temos que avisar de que a web tivo un faio catastrófico do que ainda descoñecemos se está recuperada totalmente, polo que se atopades algunha carencia de información ou erro de calqueira tipo, rogamos nola comuniquedes para tratar de arranxala no menor tempo posible.

No caso de dúbidas ou comunicacións de calqueira tipo, podes enviar un mail a eltiempoentuojete@gmail.com

Agardámosvos a tod@s este próximo fin de semana. Xa sabedes que podedes enlear ós vosos coñecid@s para participar nunha competición ainda única no mundo cun desafío tanto lúdico coma científico.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *