eltiempoentuojete volve a abrir a cancela do Olimpo Meteoludópata para recibir a Breogán77, que moito tempo despois da derradeira apertura, obra a milagre de facer os 60 puntos posibles, ou dito de outra forma, o PLENO da predicción meteorolóxica nunha xornada da Liga da Inverneira.
Pódese pensar que foi unha etapa propicia para elo, pero non atopamos participantes con 59 puntos, polo que fai máis ostentosa a exhibición de Breogán77. 60 puntazos que lle dan o mando da competición e que semellan unha declaración de intencións de cara á sua presentación coma proposta de futuro aspirante á vitoria final.
Marius, Kaltxon e Jose Lopez acadaron a segunda mellor marca da xornada con 58 puntos. Con 57 puntos, dous vellos coñecidos, Beocha e Botikas, acompañados por Compoñente Sur e o novato Patoloco. 56 puntos para o tamén novato Rasdgar, Verducido, M. B. Joaquín, Balboa e Julio. Estas foron os 13 mellores no concello de Ribeira.
En Corrubedo non houbo grandes decepcións, salvo algunha aposta en vento superior con creces ó agardado e outras que semellaban de noites tropicais (os 18º C. de mínima de Juanito Caminante). Tódolos participantes andiveron finos e somentes unha aposta non acadou os 50 puntos. Incluso @s novat@s estiveron á altura e algún asomou a cachola entre as mellores puntuación. De calqueira forma a Clasificación xeral está moi apertada e calqueira carencia de atención podería condenar ós primeiros postos ata o fondo do listado. Recorda que isto é unha Liga e que a consistencia é a clave do éxito.
As temperaturas estiveron na marxe do agardado e do recollido noutras edicións. Da mesma maneira non sempre chove nestas latitude e nesta época do ano, como reflicten resultados anteriores. O vento foi máis unha brisa, sempre dentro da marxe dun día solleiro na costa ribeirense.
Polo tanto, pouco espazo entre meteoludópatas, ou sexa que haberá que preparar ben a etapa de Penedo do Galo. A costa norte sempre pode achegar algún temporal, á marxe de ser unha estación nun lugar onde poucas axencias fan prediccións e acadar información precisa non é doado. A estudar, que o próximo control está a menos dunha semana e non se pode deixar todo para o derradeiro día!!.
Se queres acadar toda a información detallada da xornada inaugural da X Liga da Inverneira, en Corrubedo, pica no enlace exposto baixo estas letras.
* ainda non se actualizou a páxina de Históricos por parte de Meteogalicia. Amosamos os datos que permite Meteogalicia polo momento.