A sétima xornada da Liga da Inverneira fai parada e fonda no límite da provincia de Pontevedra cos nosos irmáns lusos. A terra da lamprea acolle esta xornada despois do paso de varios temporais e, do mesmo xeito que na Serra da Faladoira, en metade dese tempo porco que vai entre unha borrasca e outra. Semella que non haberá movementos importantes na xeral, pero haberá que estar moi atentos o que aconteza en Cequeliños.
As apostas en temperatura máxima volven estar moi abertas e van dende os 13 ata os 19º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 5 e os 13º C., estas de novo con grandes oscilacións. As precipitacións é o parámetro menos discutido, con valores que van dende unha gran maioría de seca, 0, ata os 4 litros, cunha aposta forte de 14 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 7 ata os 41 km/h., sendo un parámetro tamén moi aberto.
Non semella doado predicir vencedores con estas grandes diferenzas nos parámetros que non son a chuvia e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso (despóis do troco de hora) no aporte de datos.
As apostas:



