Malam Jabba é a penúltima etapa da X Ojete’s Cup e máis da tempada. Para algúns, sobre todo os que gañaron na primeira cita, trátase de atopar a mellor posición. En xogo o pase á final, a loita polo 3º posto, polo 5º e por non rematar 8º. Pola outra banda do cadro, acadar a final B, gañar o máximo posible de enfrontamentos e evitar non gañar ningún, importante para o orgullo persoal. Que na derradeira xornada xa teñas feito a maioría do choio, ter a eliminatoria con mellor premio posible ou non pelexar por ser o único sen vitorias e o obxectivo claro nesta fin de semana.
As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 16 ata os 32º C., sendo o groso de apostas entre os 24 e os 20º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 8 e os 23º C., estas tamén cunha grande oscilación. As precipitacións móvense nun rango de amplitude de entre 0 e 15 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 7 ata os 28 km/h.
Semella compricado de predicir un vencedor con estas grandes diferenzas e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 21:30 horas do domingo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da noitiña do sábado, debido ás diferencias horarias co país asiático.
A destacar, as loitas de semifinais entre Botikas-Julio e Compoñente Sur-Kaltxon, pola 5ª praza entre Verducido-Beocha e Bar Pequeno-Marius. Tamén as que van definir a final B, con Breogán77-Denodeno e Sarabia-Popolo. E por evitar derrotas temos a Víbora-Rasta e Xowi-Landrán.

