Pretiño do pleno

Segunda xornada do Torneo de Vran en Azad Kashmir e temos que falar dun vencedor que estivo máis que preto de lograr a perfección. Somentes 0.1 litros o separaron de facer historia viva de eltiempoentuojete. Ainda así, a maioría de participantes poden sertirse orgullos@s do resultado en Chattar Kalas. Iso sí, uns máis que outros…

A temperatura mínima non baixou na madrugada dos 23º C., un valor que marcaron pouc@s d@s apostantes. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 34º C., agardada tamén por pouc@s. A presencia da chuvia foi ó límite do litro sen acadalo e o vento marcou un refacho máximo de 3.9 nós, 13 km/h.

Deste xeito atopamos a Popolo como vencedor indiscutible con 59 puntos. Dende a derradeira posición da xornada inaugural ata o derradeiro posto con acceso á Ojete’s Cup, o 16. Pode ser un punto de inflexión pola fazaña realizada e pola subida no escalafón, ainda que axudado por varias ausencias. De calquera xeito, é un resultado para soñar.

Con 58 puntos, Xowi, gran resultado e gran clasificación. 5ª praza ainda que lonxe dos 4 primeiros, pero tempo hai de recortar. O que non recorta senón que acada o liderato en soidade é Julio, que segue coa gran xeira de resultados e semella que quere gañar dous títulos consecutivos. Pois está na onda…

57 puntos para Beocha, que se atopa no 4ª lugar precedendo precisamente a Xowi. Semella que vive no Top-5 e pode ser a oportunidade, unha máis, de facer historia nunha das 4 grandes competicións.

Con 56 puntos entran Víbora, ben situado na 7ª praza, e Verducido e Botikas, que empatan a puntos e vitorias na 2ª posición da xeral. Non fallan, coma sempre.

E sumando 55 puntos temos a un trío de clasificados provisionais. Rasta no posto 15, Breogán77 no 12º e Compoñente Sur pechando o Top-10. Gañan folgos de cara ós seguintes compromisos.

Estes foron os 10 mellores competidores nesta etapa de Chattar Kalas. Para acadar tódolos datos recollidos na derradeira etapa do XI Torneo de Vran pica no enlace baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *