20ª xornada

Fornelos

Entorno

En Fornelos a chuvia ten unha cita ineludible ano tras ano. Sempre no Top-3 de estacións meteorolóxicas en canto a pluviosidade se refire. E acumula máis coronas anuais que ningunha outra. A 20ª xornada da Liga da Inverneira en Galicia de eltiempoentuojete celébrase no concello de Fornelos de Montes. Por riba, entramos no tramo final da Liga. Cantas dúbidas…

O concello de Fornelos de Montes pertence á comarca de Vigo, á que abastece de auga dende o encoro de Eirás. A zona de montaña pertence á Serra do Suido, con cimas por riba dos mil metros. Dende os altos, baixa a moi considerable cantidade de auga ata os vales fluviais, que co tempo formaron barrancos e fervenzas moi inestabeis. Gozan de temperaturas mornas no vran, pero xeralmente frías no inverno.

Preto do encoro de Eirás existe o chamado Monte da Cidade. É un curioso enclave de orixe castrexo duns 6000 m², con ríos e serras con abundante caza e pesca. O lugar ten un foso defensivo, pero o máis curioso é que ten outro que atravesa o poboado polo medio. Auténtica maxia de Galicia.

Localización

Datos da estación

A Estación Fornelos de Montes está ubicada a 42,32º de latitude e -8,4º de lonxitude e a unha altitude de 705 metros. Situada, daquela, no concello de Fornelos de Montes, provincia de Pontevedra, foi dada de alta o 1 de Xaneiro de 2000.

Sensores

  • Sensores da Estación
  • Anemómetro-Veleta
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sonda de Presión
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura do Solo
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Esta xornada vaise desputar o Domingo 9 de Febreiro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 7 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *