1ª xornada

escudo do concello de riveira

Corrubedo

Entorno

A estación meteorolóxica de Corrubedo é un clásico das inauguracións da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Para botar a andar fai falla un primeiro paso, quizáis o máis importante, e esta é a labor de Corrubedo dende a orixe da competición máis esixente da meteoroloxía amateur, na sua VII edición. Comeza a 8ª tempada de eltiempoentuojete.

A xornada inaugural da Liga da Inverneira xógase no concello de Riveira, na provincia de A Coruña. Ésta é a primeira toma de contacto dos meteoludópatas de eltiempoentuojete. Mellor no chegar tarde, e menos esquecerse de apostar… poder ser a tua lápida xa no comezo.

Esta xornada adoita ser morniña e sen sobresaltos, pero xa en tempos pasados tivemos algunha borrasca que compricou a competición.

O Parque Natural das Dunas de Corrubedo atópase no municipio de Santa Uxía de Ribeira, entre a ría de Arousa e as de Muros e Noia. Cunha extensión de 1000 Ha. podemos atopar fermosas praias, zonas de dunas (algunhas móviles) e lagoas tanto de auga salgada coma doce. Grande variedade de fauna e flora e ata restos megalíticos.

Localización

Datos da estación

A Estación Corrubedo está ubicada a 42,56º de latitude e -9,03º de lonxitude e a unha altitude de 30 metros. Situada, daquela, no concello de Ribeira, provincia de A Coruña , foi dada de alta o 11 de Febreiro de 2000.

Sensores

    • Anemómetro-Veleta
    • Piranómetro
    • Pluviómetro de Cazoliñas
    • Sonda de Presión
    • Sonda de Temperatura e Humidade

Cámara ao vivo

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 27 de Septembro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 25 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa