Entorno
A terceira rolda da Liga da Inverneira segue o camiño marcado anos atrás. Castro Vicaludo xa é un clásico das xornadas costeiras atlánticas da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Outro ano máis facemos parada e fonda.
No concello de Oia podemos atopar unha xoia do románico, o monasterio cisterciense de Santa María a Real. Ten a sua orixe no século XII, cunha fachada barroca do século XVIII. Son estes monxes os que importan o cultivo da vide tal coma facían nas abadías cistercienses, podendo degustar hoxe en día grandes caldos baixo a denominación de orixe Rías Baixas. Está considerado monumento nacional dende 1931.
Do mesmo modo introduxeron a cría de cabalos en liberdade nos montes pertencentes o monasterio. Ainda hoxe en día mantense a tradición coa coñecida Rapa das Bestas. Tamén foron coñecidos estes monxes pola sua botica monacal, abastecida por un xardín de prantas medicinais que atendía as necesidades dos veciños.
Localización
Datos da estación
Sensores
- Anemómetro
- Anemómetro-Veleta
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sonda de Presión
- Sonda de Temperatura de Superficie
- Sonda de Temperatura do Solo
- Sonda de Temperatura e Humidade
Gañadores anteriores
- 2014/15: Mina, Fisfas
- 2015/16: Pepe
- 2016/17: Fisfas
- 2017/18: Botikas
- 2018/19: Botikas, Víbora
- 2019/20: Botikas