5ª xornada

Pontecaldelas

Entorno

eltiempoentuojete volta a un dos seus santuarios en tódolos sensos. Pontecaldelas é a sede estable da 5ª xornada da VII Liga da Inverneira.

O de Pontecaldelas é un concello moi ben situado. Linda con Pontevedra, Cotobade, Soutomaior, Fornelos de Montes e A Lama. Polo seu centro discurre o río Verdugo, onde a pesca vóltase sixilosa. Precioso paseo ó seu carón, onde tamén se da renda solta a actividades xuvenís de toda índole e incluso diástole.

Moitas e boas festas podes atopar na localidade e nos arredores. Compre destacar a Festa da Troita, o derradeiro fin de semana de maio. A Batalla de Pontecaldelas rememora un episodio da Guerra de Independencia de 1809. A Virxe das Dores e a patroa das festas de Pontecaldelas, a última semana de agosto. O martes remata con dobre orquestra.

festa batalla de independencia en pontecaldelas

Localización

Datos da estación

A Estación Ponte Caldelas está ubicada a 42,39º de latitude e -8,5º de lonxitude e a unha altitude de 350 metros. Situada, daquela, no concello de Ponte Caldelas, provincia de Pontevedra, foi dada de alta o 27 de Febreiro de 2013.

Sensores

    • Piranómetro
    • Pluviómetro de Cazoliñas

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 25 de Outubro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 23 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa