19ª xornada

escudo do concello de pedrafita do cebreiro

O Cebreiro

Entorno

O Cebreiro é a penúltima das xornadas de montaña nesta VII Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Tamén é a derradeira xornada instalada na provincia de Lugo. E coma despedida seica non está nada mal.

Por se tiñades dudas, o nome de O Cebreiro ven do latín Cebrarium, ou “terra de asnos bravos”. Pertence o concello de Pedrafita do Cebreiro, na comarca de Os Ancares. Eiquí podes atopar un dos monumentos máis antigos do Camiño de Santiago, con lendas do Santo Grial. O Santuario de Santa María a Real de O Cebreiro está datada no século IX, de estilo arquitectónico prerrománico. Conserva no seu interior un cáliz so século XII.

Pedrafita de O Cebreiro era cruzada pola vía romana que unía Triacastela con Astorga. Co tempo, convertíuse en Camiño de Santiago. En 1486, os Reis Católicos, de peregrinaxe a Compostela, paran no monasterio de O Cebreiro e donan o relicario onde se garda supostamente o cáliz do Santo Grial. Este é o cáliz que se pode observar no escudo de Galicia. Todo ven da Lenda do Santo Milagre de O Cebreiro (pica para saber máis)

Localización

Datos da estación

A Estación O Cebreiro está ubicada a 42,71º de latitude e -7,05º de lonxitude e a unhaaltitude de 1310 metros. Situada, daquela, no concello de Pedrafita do Cebreiro, provincia de Lugo, foi dada de alta o 12 de Agosto de 2009.

Sensores

  • Anemómetro-Veleta
  • Batería
  • Medidor de Espesor de Neve
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sonda de Presión
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura do Solo
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 31 de Xaneiro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 29 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa