14ª xornada
Lardeira
Entorno
A etapa de Lardeira ten pouca experiencia en eltiempoentuojete. Tes que saber que é unha das estación que rexistra temperaturas máis baixas e das que recolle máis refacho. Na pasada Liga da Inverneira deixou un refacho de 128 km/h, chuvia e mínimas baixo 0º. Qué nos agarda este ano…?
A estación de Lardeira sitúase por riba dos 1600 metros na comarca de Valdeorras. Ten pouco máis de dez anos en activo e dende aquela ten os maiores rexistros de refacho de vento no interior do país, por riba ás veces de Xesteiras en Cuntis. Ademáis chove máis que a media da provincia. Para rematar, as xiadas alí son de categoría superior. Queres máis?
A principal actividade de Carballeda de Valdeorras son as canteiras de pizarra. O río Sil pasa preto, pero ten máis importancia o río Casaio. Éste e outros baixan da Serra do Eixe, que ten a maior altura no Macizo de Pena Trevinca. Alí atópase o único bosque de teixos que queda en toda Galicia, o Teixadal de Casaio. Merece a pena visitalo antes de que sexa demasiado tarde.
Localización
Datos da estación
Sensores
- Anemómetro-Veleta
- Medidor de Espesor de Neve
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sonda de Presión
- Sonda de Temperatura de Superficie
- Sonda de Temperatura do Solo
- Sonda de Temperatura e Humidade
Cámara ao vivo
Gañadores anteriores
- 2017/18: Verducido
- 2018/19: Pepe, Balboa, Ocandepavlov