Entorno
A Granxa e a penúltima xornada, a número vintecatro. Xa podes empezar a arriscar se o ves necesario. Ademáis, esta xornada ten moi mala fama. Eiquí gañóuse e perdéuse algunha Liga da Inverneira en anos anteriores. Vaite familiarizando co clima de Ponteareas se non queres descubrilo demasiado tarde.
O CIFP A Granxa é un centro educativo nas aforas de Ponteareas. Neste instituto de FP impártense ciclos das familias Agraria, Alimentaria e Ambiental. Quizais por iso a estación meteorolóxica está eiquí. E porque nesta zona ainda se vive do campo.
Nos arredores da vila de Ponteareas podemos atopar varios monumentos medievais, coma o Castelo de Sobroso, en Mondariz, ou curiosas formacións rocosas, presentes no monte da Picaraña. O río Tea, afluente do Miño baña estas terras e deixa praias fluviais naturais e un gran tramo de pesca de salmón, lamprea e anguía.
Localización
Datos da estación
A Estación A Granxa está ubicada a 42,18º de latitude e -8,52º de lonxitude e a unhaaltitude de 41 metros. Situada, daquela, no concello de Ponteareas , provincia dePontevedra, foi dada de alta o 13 de Febreiro de 2000. Sensores da Estación
Sensores
- Multisensor
- Piranómetro
- Sensor de Humidade Foliar
- Sonda de Humidade do Solo
- Sonda de Temperatura de Superficie
- Sonda de Temperatura do Solo
Gañadores anteriores
- 2014/15: Anita
- 2015/16: Fisfas
- 2016/17: Budainca
- 2017/18: Sarabia
- 2018/19: Michi, Botikas, Popolo, Lume
- 2019/20: Breogán77, Juanito Caminante