Unha estrea soñada

Imprecisas e trapalleiras foron as predicións que as axencias proclamaban cara o fin de semana. O anticiclón brillou en ausencia e deixou ceos anubrados, vento forte e unha piolla que foi enchendo a cubeta da estación de Serra da Faladoira. E foi ben a modiño coma acadou os 3 litros finais. A temperatura quedou entalada e somentes 1.3º C diferenciaron a máxima da mínima diaria. O vento soprou durante todo o día cunha media superior ós 40 km/h. O refacho definitivo fíxose agardar ata a noitiña, deixando a marca nos 82 km/h.

E como xa é tradición en eltiempoentuojete, tratamos ben ós novat@s. Ou ben tratan de despuntar… Éste foi o caso de Modesto, que xa pode trocar o nome. Agardou ata os derradeiros momentos da xornada para elevarse co vento e acadar unha vitoria gloriosa, alonxado por 3 puntos dos inmediatos persecutores, logro pouco doado nunha etapa destas características. Trepando dende o penúltimo posto na 1ª xornada, achégase ó Top-20, saboroso premio ó tesón desta promesa.

Por tras, un grupo cos mellores da cabeza da clasificación xeral, con Beocha, Botikas e Marius con 54 pts. Jose Lopez, Verducido e Balboa con 53. Con 52 puntos está Julio, Punteiro, Mina, Lume, Lukas, Kaltxón e Bar Pequeno. Kalandrakas, Xowi e Aki quedan con 51 puntos. Os principais dagnificados son Michi e Nanuq, no Top-5, con 49, e Víbora, a quen os 46 pts. acadados alónxano do Top-10.

Na xeral, Beocha empata con Verducido na primeira praza. Un punto limou Botikas, 3º. Michi e Nanuq faiaron, o que, unido á presión dos persecutores, fai que se peche o burato entre o 5º e o 6º posto, con Sarabia comandando un grupo con Julio, Punteiro, Juanito Caminante, Jose Lopez e Aki, compoñendo o Top-10. Moi preto, a só tres puntiños, Mina, Balboa, Víbora e Marius agardan unha oportunidade. Por baixo diso, somentes a vitoria de Modesto valoróuse positivamente.

Para acadar toda a información referente á 6ª etapa da Liga da Inverneira, na Serra da Faladoira, pica no botón abaixo estas liñas.

Saúde e clima!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *