Rexuntando aspirantes

Esta etapa da Serra da Faladoira volveu ser seca, o que fixo que as puntuacións xerais foran altas e case na súa totalidade por riba dos 50 puntos. Semella que os aspirantes con máis peso van chegando o Top-10, polo que se non estás neste clube mellor vai espabilando porque o tren non agarda por ninguén. Nesta 6ª xornada de competición as temperaturas foron frescas e con pouca amplitude térmica con ventos tirando a fortes, cunha escaseza de chuvia que deu coma resultado marcadores moi parexos nas partes altas da xeral.

Enrico Ferni volve repetir vitoria e amósase coma aspirante capaz de batir unha marca ainda inédita. A de gañar unha liga con penalización enriba. Os 57 puntos acadados foron suficientes para gañar en soidade e colocarse na segunda praza compartida ainda que con mellor coeficiente de vitorias. Fulano a ter moi en conta.

E 56 puntos para tres compoñentes do Top-10. Popolo segue na súa marcha constante e esta semana ocupa a 7ª praza compartida pero moi preto dos mellores da xeral. Julio, na 3ª posición comparte puntos co segundo da xeral e gañador semanal. Kaltxon volve amosar quén é, recuperando terreo a marchas forzadas e entrando nos 10 mellores arrombando con todo.

Ata 8 competidores comparten puntuación con 55 puntos. Magor, Modesto e Lume, que comparten a derradeira praza do Top-10. Breogán77, que volve o Top-20. Botikas, que segue coma líder destacado. Xowi, que ascende á 6ª posición. Marius vai saindo do pozo e esta semana remata na praza 16.

Estas son as 12 posicións principais na clasificación desta semana na Serra da Faladoira. Para acadar tódolos datos recollidos na 6ª e de novo seca etapa da XIII Liga da Inverneira, pica na ligazón baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *