Entorno
Achegámonos ó final da competición e para esta 9ª xornada temos escollida a West Palm Beach, no estado de Florida. Compre un esforzo final para rematar con dignidade.
Cara 1513 prodúcese o primeiro contacto dos nativos cos conquistadores españois por parte de Juan Ponce de León. Calcularon unha poboación indíxena sobre os 20000 individuos en varias tribus. Cando Florida pasou a control británico en 1763 xa foran case exterminados polas guerras, a escravitude e as enfermedades europeas. Florecían as prantacións de frutas exóticas.
O asentamento adquiríu o status de cidade en 1894, cando Henry Flagler buscaba hospedaxe para dous grandes hoteis da Illa de Palm Beach. Tivo un gran desenvolvemento na década de 1920, pero primeiro o furacán Okeechobee arrasou a cidade e despois a Gran Depresión mantivo a economía estancada. Revivíu na 2ª Guerra Mundial, cando a construcción dunha base aérea en Palm Beach trouxo a miles de militares.