O noso pequeno Katrina

Nova xornada da VIII Liga de Primaveira no Sur dos USA e semella que desta vez a chuvia vai facer aparición en New Orleans, posiblemente para trocar a clasificación xeral e espallar ós competidores segundo a súa valía predictiva. Agárdanse treboadas dende a hora do vermú ata o final do viño e tapa dominical. Por iso, nesta ocasión deberíamos contar con apostas dispares. Pero seica non tanto…

As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 25 e os 29º C. As mínimas, tamén moi axustadas, van dende os 20 ata os 24ºC. As diferenzas están nas apostas de pluviosidade, con valores dende os 3 ata os 21 litros, cun apunte máximo de 35 litros. O curiosos, unha gran parte das apostas, ata 8, coinciden en 15 litros. As apostas sobre refacho de vento tamén poden marcar a diferencia, con valores entre 30 e 63 km/h.

Desta forma agardamos unha xornada sobre mollado, con especial atención ás probables treboadas que aportarán auga e vento, xa veremos en que nivel. Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace, a partir das 07:00 horas desta madrugada. A primeira actualización farémola cara as 11 da mañán do domingo.

No canto da OjeteQuake, ainda en cueiros, segue acumulando apostas no oeste do Anel de Fogo, dende Xapón ata Nova Zelanda. Apostas tamén no sur de Perú, en Alaska, no Caribe, a maiores dunha aposta no Polo Norte. Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace, a partir das 02:00 horas desta madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *