10ª xornada

Castrove

Entorno

A 10ª xornada da V Liga da Inverneira de Galicia localízase en O Castrove, no concello de Poio. Sendo un concello marítimo optamos pola estación do interior. Outra pedra no camiño cara o exito para os meteoludópatas de eltiempoentuojete

O monte Castrove localízase na Serra do Castrove e as crestas das montañas sinalan os límites dos catro concellos que a comparten: Pontevedra, Poio, Meis e Barro. O propio monte Castrove pertence a Poio, e alí atopamos a estación. Que, para ser exactos está no lugar de A Escusa, na subida á serra. As vistas encadran as rías de Vigo, Pontevedra e Arousa.

O concello de Poio ten un gran número de praias dende Pontevedra ata Samieira. A inmensa maquinaria turística fai que medren os servicios hosteleiros sen parar. Visitar o Convento de San Xoan de Poio e unha alternativa ás praias xunto o Conxunto Histórico Artístico de Combarro, persoalmente, a día de hoxe, vítima da sobreexplotación.

Localización

Datos da estación

Estación Castrove está ubicada a 42,46º de latitude e -8,7º de lonxitude e a unha altitude de 424 metros. Situada, daquela, no concello de Poio, provincia de Pontevedra, foi dada de alta o 21 de Novembro de 2001.
 

Sensores

  • Anemómetro
  • Catavento
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sonda de Presión
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura do Solo
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Esta xornada vaise desputar o Domingo 1 de Decembro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 29 de Novembro ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *