9ª xornada

Lira

Entorno

Lira é a nova xornada da V Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. A escollida para a celebración da 9ª etapa atopámola no concello de Carnota. Das derradeiras antes de afrontar os meses de decembro e xaneiro os maiores cumios de Galicia.

A estación meteorolóxica de Lira está en Santa María de Lira, entre Lariño e Carnota, que da nome ó concello. Ten un bonito conxunto de praias, coma a de Mar de Lira, bandeira azul, ainda que a actividade económica está baseada na pesca e o marisqueo. Famosos son os ourizos de mar e os santiaguiños. Visitables son o Castro de Mallou, da idade de ferro e o Hórreo de Lira, que xunto o de Carnota son os máis longos de Galicia.

O concello de Carnota pertence á comarca de Muros. Túmulos e castros indican a presenza humana dende tempos remotos. O hórreo de Carnota é inferior ó de Lira por poucos centímetros, ainda que está mellor conservado. Os espacios naturais son moi visitables. O Monte Pindo acumula multitude de lendas. Tamén as ten o río Xallas, quizáis pola máis que famosa fervenza do Ézaro, que verte a sua auga doce directamente ó Oceano Atlántico. 

Localización

Datos da estación

A Estación Lira está ubicada a 42,8º de latitude e -9,12º de lonxitude e a unha altitude de 170 metros. Situada, daquela, no concello de Carnota, provincia de A Coruña, foi dada de alta o 8 de Abril de 2010.

Sensores

  • Anemómetro
  • Anemómetro-Veleta
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Cámara ao vivo

Gañadores anteriores

Esta xornada vaise desputar o Domingo 24 de Novembro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 22 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *