A liga nunha puñada

Non fai falla que chova para que se mova a clasificación xeral. E unha mostra é o acontecido e Fort Lauderdale. Os negacionistas da chuvia están de festa, pero non pola verificación dos seus trastornos, senón porque a chuvia que se recolleu foi insuficiente para ser tomado en conta. Polo tanto, etapa na que choveu, pero o marcador quedou a cero. Nas temperaturas, as mínimas quedaron por riba de 24º C. na madrugada, e xa cara ás 09:00 horas acadaba os 28º C. A subida chegou ata os 31º no mediodía, cando as nubes de trebóns ocultaron a luz direta do sol. O vento foi decisivo para a resolución da etapa, quedando en 35 antes do retoque final. A vitoria caia nese momento en Iago, cunha xornada case perfeita. Pero o retoque no refacho levaba o trofeo a Verducido, que contou coa sorte de mallar o vento definitivo, 39 km/h.

Verducido conquire a vitoria con 59 pts., deixando un punto na temperatura máxima. Na segunda praza, con 58 pts. entraron Compoñente Sur, Iago e Aki. 57 pts. fixeron Nanuq e Beocha. E ata 7 meteoludópatas marcaron 56 pts. Son Jose Lopez, Víbora, Botikas, Marius, Balboa, Budainca e Denodeno.

A Clasificación Xeral está a ferver, con 10 pts. entre o primeiro e o posto 14. E somentes 5 entre os 5 mellores. Segue Breogán77 en poder do liderato con dous puntos de vantaxe sobre Xowi e outros dous sobre Compoñente Sur. Dous pts. tras os do podio, tres competidores que recuperan espazo. Jose Lopez, Nanuq e Iago, que de non ser pola penalización da 2ª etapa estaría no primeiro lugar con 5 pts. por riba dos persecutores. Ainda pode ser o primeiro en gañar unha competición conn unha penalización ás costas.

Se queres coñecer todo o resultante da xornada de Fort Lauderdale, preme no enlace abaixo exposto.

A OjeteQuake rexistrou un sismo máximo de 5,4 Mg. Nesta gama media movéuse coma un peixe o gañador, Michi. Preto da Fosa das Marianas estaba a sua aposta, ainda que outros participantes estaban mellor posicionados. Superou a Víbora, Mutombo, Popolo e Iru, que rexistraron magnitudes superiores ou inferiores á oficial.

Breogán77 consegue unificar ás ligas, collendo o primeiro posto xunto co liderato da Liga meteorolóxica. Unha ameaza este rapaz, que xa na súa tempada inaugural levou a Ojete’s Cup. Pero na OjeteQuake ainda resta moito percorrido e ten inimigos preto del. Víbora e Jose Lopez tamén renden a gran nivel nas duas competicións. Mina, Rasta76, Julio, Michi, Popolo, Balboa e Xowi completan o Top-10 nesta 8ª xornada. Con apenas 300 pts. entre os 17 primeiros, ainda promete movimentos varios ata o final. Pero mellor non perder moita comba…

Para indagar nos resultados da 8ª etapa da OjeteQuake 2021, clica no botón baixo estas letras.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *