13ª xornada

Ventosa

Entorno

Ventosa fai a 13ª xornada da V Liga da Inverneira de Galicia. Esperamos non sexas supersticioso con isto dos números. Ainda que está no concello de Navia de Suarna, na montaña lucense e a pesar do su nome, non acostuma a dar rexistros de vento desorbitados. Pero para nós, que xogamos por quinto ano, quizais non sexa moita información e o que lle puxo o nome tiña razón.

Ventosa está no concello de Navia de Suarna, nos límites de Galicia coa provincia de León cara o leste e co Principado de Asturias ao norte. Ainda que o río Navia é o principal, existen moitos outros que forman fermosos bosques e vales, coma toda a comarca de Os Ancares, o que pertence. Merece a pena facer algunha das rutas dispoñibles, que son moitas. As mellores épocas do ano para percorrelas son a primaveira e o outono.

O Castelo de Altamira en Navia de Suarna gardaba e controlaba o paso pola Ponte Vella, ponte medieval de orixe romana sobre o río Navia. Existe constancia do Castelo dende o século XI. Foi destruido nas Revoltas Irmandiñas e reconstruido, pasando por varias mans. Un dos últimos inquilinos, o crego Manuel López Ernesto, fixo vivendas e rematouno con bloques de cemento e ladrillos. O resultado, na foto.

Localización

Datos da estación

A Estación Ventosa está ubicada a 42,96º de latitude e -6,91º de lonxitude e a unha altitude de 910 metros. Situada, daquela, no concello de Navia de Suarna, provincia de Lugo, foi dada de alta o 22 de Novembro de 2007.

Sensores

  • Sensores da Estación
  • Anemómetro
  • Catavento
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sonda de Presión
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Esta xornada vaise desputar o Domingo 22 de Decembro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 20 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *