Entorno
Ventosa fai a 13ª xornada da V Liga da Inverneira de Galicia. Esperamos non sexas supersticioso con isto dos números. Ainda que está no concello de Navia de Suarna, na montaña lucense e a pesar do su nome, non acostuma a dar rexistros de vento desorbitados. Pero para nós, que xogamos por quinto ano, quizais non sexa moita información e o que lle puxo o nome tiña razón.
Ventosa está no concello de Navia de Suarna, nos límites de Galicia coa provincia de León cara o leste e co Principado de Asturias ao norte. Ainda que o río Navia é o principal, existen moitos outros que forman fermosos bosques e vales, coma toda a comarca de Os Ancares, o que pertence. Merece a pena facer algunha das rutas dispoñibles, que son moitas. As mellores épocas do ano para percorrelas son a primaveira e o outono.
O Castelo de Altamira en Navia de Suarna gardaba e controlaba o paso pola Ponte Vella, ponte medieval de orixe romana sobre o río Navia. Existe constancia do Castelo dende o século XI. Foi destruido nas Revoltas Irmandiñas e reconstruido, pasando por varias mans. Un dos últimos inquilinos, o crego Manuel López Ernesto, fixo vivendas e rematouno con bloques de cemento e ladrillos. O resultado, na foto.
Localización
Datos da estación
A Estación Ventosa está ubicada a 42,96º de latitude e -6,91º de lonxitude e a unha altitude de 910 metros. Situada, daquela, no concello de Navia de Suarna, provincia de Lugo, foi dada de alta o 22 de Novembro de 2007.
Sensores
- Sensores da Estación
- Anemómetro
- Catavento
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sonda de Presión
- Sonda de Temperatura de Superficie
- Sonda de Temperatura e Humidade
Gañadores anteriores
- 2014/15: Xowi
- 2015/16: Xowi, Constantino
- 2016/17: Michi
- 2017/18: Víbora, Petrus
- 2018/19: Bar Pequeno