Entorno
Atopámonos, queridos compañeiros diante dunha das etapas consideradas compricada xa que estamos metidos no meollo do inverno. Eiquí temos que despregar tódalas nosas dotes de meteoludópatas, o coitelo entre os dentes e algo de potra nunca ven mal. Esta xornada pode que algún ascenda cara a gloria meteorolóxica ou que afuciñe, xa se verá. Esta 15º xornada despútase no Alto do Rodicio, no concello de Maceda, dentro da comarca de Allariz.
O Alto do Rodicio é un porto de montaña no concello de Maceda. Elévase case ata os mil metros de altitude. Iso fai que sexa un lugar perfecto para a práctica de deportes paramotor (voar sen motor). O máis clásico nesta zona é o parapente, cun desnivel de 350 metros. A subida ó Alto do Rodicio e unha das probas do Rallye de Ourense, xa sabedes, ferro a fondo.
Os Felos son os persoaxes principais do entroido de Maceda. Algunhas fontes relaciónanos con ritos tribais prehistóricos, sacrificios de fecundidade e caza, etc… Pasa o entroido faldriqueando coas rapazas, de aldea en aldea, sen pedir cartos e aliméntase bebendo ovos con viño. Durmen nos palleiros e poden chegar a pasar máis dunha semana de festa en festa, alde en aldea, día e noite…
Localización
Datos da estación
Sensores
- Anemómetro-Veleta
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sonda de Presión
- Sonda de Temperatura de Superficie
- Sonda de Temperatura do Solo
- Sonda de Temperatura e Humidade
Gañadores anteriores
- 2014/15: Verducido, Xowi, Pepe, Fisfas, Constantino
- 2015/16: Lume
- 2016/17: Pepe, Fisfas, Verducido, Balboa
- 2017/18: Compoñente Sur
- 2018/19: Rasta76
- 2019/20: Rasta76, Oscar
- 2019/20: Bar Pequeno, Modesto