17ª xornada

Calvos

Entorno

Seica comenzamos a separar o polvo da palla e farémolo en Calvos estación que apareceu na VII Liga Inverneira coma suplente de Cabeza de Manzaneda, que coma non podía ser doutra forma faiaban os anemómetros.

Calvos é a estación meteorolóxica de Meteogalicia no concello ourensán de Calvos de Randín. Quizáis vos rinche o nome de escoitalo no Galicia Noticias coma o concello galego onde se acadan a temperaturas máis baixas no inverno. A carón dos irmaos lusos, estivo dentro do Couto Mixto, unha zona fronteiriza con control case autónomo de España e Portugal. Froito disto, o contrabando foi unha das actividades económicas máis proveitosas.

Conta entre seus bens máis preciados o Pazo dos Tejada, cunha fachada blasonada de acordo ó premio recibido `fai máis de mil anos por Sancho de Tejada de mans de Ramiro I, rei de Asturias e León, pola sua participación na mítica batalla de Clavijo (La Rioja) no ano 844, na Reconquista.

Localización

Datos da estación

A Estación Calvos está ubicada a 41,96º de latitude e -7,89º de lonxitude e a unha altitude de 890 metros. Situada, daquela, no concello de Calvos de Randín, provincia de Ourense.

Sensores

  •  Piranómetro
  • Catavento
  • Sonda de Temperatura e Humidade
  • Sonda de Temperatura de superficie/solo
  • Anemómetro
    Sensor de Humidade Foliar
  • Datalogger
  • Sonda de Humidade do Solo
  • Pluviómetro de Cazoliñas

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 16 de Xaneiro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 14 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa