14ª xornada
Lardeira
Entorno
Inda que Lardeira non é das máis antigas da competición, seguro que alguén estaría soñando coa súa chegada xa que esta é a derradeira xornada de montaña, uns cantos estaríana agardando coma auga de Maio despois de andar esvarando nas alturas e esnaquizarse contra o duro chan, non moi duro para outros. Lémbrovos que fai duas tempadas alcanzouse un refacho de 128 km, así que será mello ter algo o que aferrarse, non vaia se-lo demo.
A estación de Lardeira sitúase por riba dos 1600 metros na comarca de Valdeorras. Ten pouco máis de dez anos en activo e dende aquela ten os maiores rexistros de refacho de vento no interior do país, por riba ás veces de Xesteiras en Cuntis. Ademáis chove máis que a media da provincia. Para rematar, as xiadas alí son de categoría superior. Queres máis?
A principal actividade de Carballeda de Valdeorras son as canteiras de pizarra. O río Sil pasa preto, pero ten máis importancia o río Casaio. Éste e outros baixan da Serra do Eixe, que ten a maior altura no Macizo de Pena Trevinca. Alí atópase o único bosque de teixos que queda en toda Galicia, o Teixadal de Casaio. Merece a pena visitalo antes de que sexa demasiado tarde.
Localización
Datos da estación
Sensores
- Anemómetro-Veleta
- Medidor de Espesor de Neve
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sonda de Presión
- Sonda de Temperatura de Superficie
- Sonda de Temperatura do Solo
- Sonda de Temperatura e Humidade
Cámara ao vivo
Gañadores anteriores
- 2017/18: Verducido
- 2018/19: Pepe, Balboa, Ocandepavlov
- 2020/21: Verducido