estadísticas

eltiempoentuojete

VIII Liga da Inverneira / outubro

Presentamos as estadísticas de acerto correspondente ó mes de outubro na 8ª edición da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Un repaso en cifras do acontecido nas 5 xornadas desputadas este mes.

Os datos de outubro

O xogador máis completo

O xogador con mellor eficiencia xeral foi Juanito Caminante, por riba de un 82% de acerto xeral. Kaladrakas asoma coma a segunda mellor marca de Outubro, esquecendo unha primeira etapa espantosa. Alucarda e Xowi chegan ata o 79% e Nanuq supera o 78%.

Polo lado malo, a pior marca en outubro pertence a Budainca cun 68.33% de acerto. Oscar e Rasta76 non chegan ó 70%, o valor acadado por Mina. Breogán77 e Iago superan esa marca por pouco.

O mellor en temperatura

O desglose por acerto en temperatura sinala a un trio formado por Alucarda, Nanuq e Xowi. Chegan ata o 91% de acerto, Isto ratifica a sua posición na xeral. Verducido está no 90% e o líder, Juanito Caminante acada un 88% neste mes de outubro.

Denodeno encabeza as primeiras posicións dos piores resultados en outubro. Somentes un 68% de acerto en temperaturas. Iru, Rasta76 e Oscar apenas superan o 71%. Pouco máis acerta Mingos, que despóis atoparemos entre os mellores no vento.

O mellor en pluviosidade

O maior porcetaxe de acerto en chuvia pertence a Kalandrakas e Juanito Caminante, que chegan ata o 77%. Bar Pequeno acada o 72%, superando a Denodeno que queda no 70%. Podemos dicir que a maioría dos listados non adoitan ocupar praza nestes rankings, polo que merecen un aplauso. A estadística refírese a un mes completo con 5 etapas desputadas. Nada que desdeñar.

Pola parte baixa atopamos nomes que tampouco adoitan presentarse nas clasificacións negativas. Marius, Oscar e Julio perderon máis da metade dos puntos en desputa no parámetro da pluviosidade. Ladrán e Lume somentes sumaron o 50% dos puntos posibles.

O mellor en vento

Julio preséntase como líder indiscutible das apostas de refacho de vento, Impresionante a sua marca, un 94% de acerto en 5 xornadas con refachos de intensidade media. Modesto ten a segunda marca, xa por baixo do 90%. Mingos e Oscar contrarrestan a sua aparición nas estadísticas malditas. Sarabia pecha o Top cun 87% de acerto en outubro.

Budainca amosa a pior porcentaxe de acerto en refachos cun 72% de acerto. Iago, pouco máis. Denodeno, Zalamera e Belenchis non chegan ó 80% de acerto.

Vitorias

Medias de puntuación

A mellor puntuación media do mes de outubro corresponde a Juanito Caminante, con pouco máis de 50 puntos por xornada. Máis de 2 puntos por xornada de diferencia coa segunda mellor marca, a de Kalandrakas, que mellora considerablemente. Alucarda, Xowi, Modesto e Nanuq superan o umbral dos 47 puntos.

Budainca non chega os 40 puntos por xornada, sendo a marca máis baixa neste mes de outubro. Pouco máis de 40 promedian Iago e Denodeno. Oscar e Rasta76 sufren para acadar máis de 41 puntos.

Isto da unha visión sobre a dificultade da presente edición da Liga da Inverneira en Galicia. Veremos se nos imos recuperar nos vindeiros meses ou se a meteoroloxía fará farrapos de nós.