estadísticas
eltiempoentuojete
VIII Liga da Inverneira / febreiro
Presentamos as estadísticas de acerto correspondente ó mes de febreiro na 8ª edición da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Un repaso en cifras do acontecido nas 4 xornadas desputadas este mes.
Febreiro. O ano pasado...
A comparativa co ano anterior amosa unhas temperaturas lixeiramente superiores ás do ano anterior. As amplitudes térmicas son semellantes e os días de chuvia, 2 o febreiro pasado e 1 nesta edición, ainda que a cantidade recollida neste ano é moi superior. De 6 litros ata os 38, todos en Fornelos. Tamén o refacho medio baixou e o refacho máximo neste ano somentes acadou os 74 km/h.
A media de temperaturas máximas neste febreiro está dentro do promedio dos derradeiros 4 anos. A media das mínimas tamén está no nivel medio tirando cara enriba, sendo moi variable ó longo dos anos.
A cantidade de auga recollida tamén está na media do normal, ainda que moi por riba do ano 2021. O refacho medio está entre os valores máis baixos dos rexistrados nos derradeiros 8 anos.
O xogador máis completo
Verducido foi o xogador máis completo no que predicción xeral se refire. Acadou máis do 89% dos 240 puntos en liza en febreiro. Lume, Julio e Punteiro andan preto do 89%, case medio punto por riba de Breogán77.
Polo lado da vergoña, Mjölnir ten un acerto pírrico do 65%. Pouco máis aporta Coe. Kalandrakas chega ata o 70%, Denodeno o 72% e Bar Pequeno o 74%.
O mellor en temperatura
O mellor predictor de temperatura no mes de febreiro foi Kaltxon, cun impresionante 92.5% de acerto. Co 91% aparece Lume. Chegan ó 90% Xowi e Beocha, mentras Botikas queda preto do 89%.
Polo lado amargo, Mjölnir encabeza a lista dos piores en temperatura cun mísero 57% de acerto. 68% aporta Kalandrakas e Denodeno chega ata o 70%. Coe amosa un 75% e M. B. Joaquí e Mina superan por pouco o 76%.
O mellor en pluviosidade
O acerto en pluviosidade ven comandada por Juanito Caminante, con máis do 96% de acerto sobre os 38 litros recollidos, outra das mellores marcas históricas. Iago acada un 92%, tamén entre a élite. Nanuq e Julio achegan máis dun 91% mentras Belenchis e Verducido comparten un 90% de acerto.
Entre as piores porcentaxes de acerto en chuvia destacan Coe e Kalandrakas, cun 47.5% de puntos acadados. Mjölnir non supera o 50% e M.B. Joaquín e Denodeno apenas superan o 66% de acerto.
O mellor en vento
Despois de atopalo entre os piores entre temperaturas e pluviosidade, e curioso que Kalandrakas sexa o mellor predictor de vento do mes de febreiro. Un 95% de acerto, 76 de 80 puntos posibles. Punteiro está preto do 94% e Balboa e Víbora superan o 92%. Breogán77 aporta máis do 91% de acerto.
Os piores discípulos de Eolo en febreiro están liderados por Belenchis e Bar Pequeno, con menos do 75% de acerto que amosa Coe. Ata o 80% achegan Juanito Caminante, M.B. Joaquín e Landrán.
Vitorias
Medias de puntuación
Verducido acadou unha media por etapa de 53,5 puntos. Julio, Lume e Punteiro superan os 53 puntos por xornada, valor no que queda Breogán77.
Mal mes para M. B. Joaquín (Canducho na gráfica), que apenas superou os 37 puntos por xornada. Pouco máis de 39 puntos sumaron Mjölnir, Coe e Kalandrakas. Denodeno promediou por riba dos 43 puntos por cita.