A 3ª xornada da IX Liga de Primaveira estivo marcada pola temperatura máxima, que chegou ata os 28º C. e tamén pola corrección que a axencia canadiana aplicou nos seus rexistros históricos. Non houbo retoque nas temperaturas, que se foron ata a máxima apostada con 28º C. e á mínima das mínimas con 10º C. No caso do refacho de vento, corrixíuse dende os 54 ata os 65 km/h. que amosa o rexistro histórico. O tema da auga tamén tivo retoque, pero sen sequera saber cal eran as condicións meteorolóxicas polo erro da estación de Sarnia. Acadou os 4 litros no histórico, recollidos máis aló das 22:00 horas (polo visto nos videos das cámaras de tráfico).
Despois das revisións, atopamos a 3 xogadores coa máxima puntuación, uns lastimosos 51 puntos. Botikas e Compoñente Sur estiveron acertados nas temperaturas, pero perderon puntos na pluviosidade e no refacho. No caso oposto está Lukas, con baixo rendemento en temperatura e melloría na auga e o vento. Botikas e Compoñente Sur loitan polo liderato dentro do Top-10, mentras Lukas trata de remontar a penalización da 2ª etapa e colócase no posto 20 a 12 puntos da cacheira da xeral.
Ata 5 apostantes acadaron os 50 puntos en Sarnia. Verucido, Sarabia, Beocha, Víbora e Modesto son aspirantes ó título de primaveira e sitúanse no Top-10 da xeral.
Julio e Jose Lopez suman 49 puntos nunha xornada na que chegar a 50 non foi nada doado. Julio comparte o podio con Beocha e Sarabia. Jose Lopez ( que tivo pleno durante unha hpra) achégase ós 10 mellores e queda na posición 14.
Estas son as mellores puntuacións en Sarnia. Se queres coñecer máis do acontecido na 3ª xornada da Liga de Primaveira, pica no enlace embaixo exposto.
Na OjeteQuake 2022 volveu saltar a lebre ben cedo, cara a 01:30 da madrugada, cando un sismo de 5,7 de magnitude ó carón das Illas Kuril. Ningún dos tremores do día superou a cota acadada na liña que une Rusia e Xapón. A mellor colocada foi Mina, a quen lle faltou subir un anaco a magnitude para redondear o resultado. Oscar entrou segundo da etapa cunha apostas dende o este de China. Detrás del, Jose Lopez situóuse no sur das Illas Fox e Bar Pequeno, que marcou unha zona do noroeste do Mar de Bering. Xowi e Breogán77 compartiron a aposta na Illa Miyakojima e superaron os 440 puntos nesta 3ª etapa.
Kaltxon segue na cima da clasificación e mantén unha media impresionante, superior ós 450 puntos por xornada. Belenchis desaparece do segundo lugar por incomparecencia. Julio, Budainca, Balboa e Víbora seguen a sua estela. Breogán77, Verducido, Punteiro, Popolo e Oscar completan o Top-10 da xornada sísmica.
Se queres indagar no acontecido na 3ª etapa da Liga OjeteQuake deste 2022, preme no botón embaixo estas letras.