estadísticas

eltiempoentuojete

IX Liga de Primaveira/ abril

Presentamos as estadísticas de acerto correspondente ó mes de abril na 9ª edición da Liga de Primaveira de eltiempoentuojete. Un repaso en cifras do acontecido nas 3 xornadas desputadas este mes.

Comparativa

A comparativa co ano anterior amosa unha disminución na temperatura máxima media ata case a metade. Tamén a temperatura mínima media desplomóuse dende os 11º C. no sur de Estados Unidos ata os 2º C. no estado canadiano de Ontario. Pero rexistróuse un día de chuvia nesta edición respecto á seca vivida en USA en abril. Os refachos foi outro dos parámetros en aumento, dende os 30 de 2021 ata os preto de 54 km/h. neste ano 2022. Parte destes trocos poden atribuirse á altidude, lixeiremente superior en Ontario.

No que atingue os datos históricos de eltiempoentuojete, abril de 2022 aparece coa media de temperatura máxima máis baixa entre as edicións desputadas. A temperatura mínima media tamén a máis baixa das 9 edicións, superando a Chile, que ten unha altitude superior. A chuvia fixo en Canadá a segunda media máis alta de tódolos tempos en abril. O vento bateu tódolos records en Ontario, cunha media de máis de 50 Km/h nun mes que non adoita sinalar grandes rachas de vento. Con este datos podemos estar ante un dos meses de abril máis compricados de predicir entre os desputados en eltiempoentuojete.

O xogador máis completo

Verducido foi o xogador máis completo no que predicción xeral se refire. Acadou preto do 93% dos 180 puntos en liza en abril. Case medio punto por baixo atinou Botikas. Medio menos fai Lukas, penalizado na 2ª etapa. Por riba do 91% de acerto atopamos a Beocha e Sarabia.

Polo lado da vergoña, M. B. Joaquín ten un acerto pírrico do 64%. Por riba do 80% está Bar Pequeno, Denodeno, Budainca e Landrán.

O mellor en temperatura

Os mellores predictores de temperatura no mes de abril foron Verducido, Sarabia, Julio e Botikas con preto do 92% de acerto. Co 90% aparecen Beocha e Oscar.

Polo lado amargo, M. B. Joaquín encabeza a lista dos piores en temperatura cun miserable 42% de acerto. 71% aporta Bar Pequeno e acadando o 75% atopamos a Landrán, Nanuq e Popolo.

O mellor en pluviosidade

O acerto en pluviosidade ven comandada por Bar Pequeno, cun impresionante 98% de acerto sobre os 4 litros recollidos. Popolo e Verducido acadan preto  do 97%. Balboa, Beocha e Botikas achegan un 95% de acerto en Canadá durante o mes de abril.

Entre as piores porcentaxes de acerto en chuvia destaca M.B. Joaquín, cun 82% de puntos acadados. Denodeno, Jose Lopez, Michi e Nanuq non se poden queixar, con preto do 92% de acerto.

O mellor en vento

O mellor colocado na lista de acerto en vento corresponde a Lukas, cun impresionante 95% de puntos recollidos, ainda que con unha penalización ao lombo. Compoñente Sur anda preto do 92%, Botikas, Modesto, Verducido, Víbora e Xowi comparten o 90%.

Os piores discípulos de Eolo en xaneiro están liderados (de novo) por M. B. Joaquín, cun 67% de acerto. Pouco máis achega Bar Pequeno, un 73%. Budainca, Denodeno e Mingos chegan ata o 78% de puntos acadados.

Vitorias

Medias de puntuación

Verducido acadou unha media por etapa de 55,67 puntos. Botikas chega ata os 55,33 puntos por xornada. Beocha, Julio e Sarabia comparten 54,67 puntos por etapa.

Mal mes para M. B. Joaquín (Canducho na gráfica), que apenas superou os 38 puntos por xornada. Pouco máis de 46 puntos sumou Denodeno. Na marca dos 48 puntos están Mingos, Iru e Bar Pequeno.