Chegamos ata a 3ª rolda de competición da Ojete’s Cup, penúltima de competición nesta novena tempada de eltiempoentuojete. Polo lado d@s imbatid@s desputarase a semifinal cara o título e as posicións do 5º ao 8º posto. No lado d@s perdedores na 1ª rolda desputaranse as semifinais cara a final B e será a penúltima oportunidade para acadar unha vitoria no torneo. Recorda que somentes 1 participante acadará o pleno de vitorias e, da mesma maneira, só 1 participante perderá os seus 4 enfrontamentos. Mellor non deixalo para o final…
Ata este cadro de terceira rolda chegaron invictos os 3 cacheiras de serie, Landrán, Verducido e Popolo, o podio do Torneo de Vran. Nestas semifinais metéuse caladiño o número 13, Xowi, tentando dar a sorpresa ós compañeiros de rolda. Eliminou os rankeados no 4º e 5º posto e agora vai polo número 1. Polo lado B do cadro, Botikas e Lume desputan un dos enfrontamentos máis interesantes, mentras Kaltxon e Marius son dos novos “galos” con aspiracións dentro do galiñeiro de eltiempoentuojete. De todos estos detalles e moitos máis damos conta con datos dos enfrontamentos de 3ª rolda.
Enfrontamentos
Poucos datos temos de Landrán neste torneo, pero semella que o xogador máis en forma en India váise atopar cun dos xogadores con máis bagaxe na Ojete’s Cup. Xowi xa ten unha medalla de prata e busca o trofeo, mentras Landrán ven cos folgos de gañar no Torneo de Vran e acadar a máxima puntuación nas 2 primeiras roldas. Resultado incerto con cadencia cara ó cacheira número 1.
Atópanse na segunda semifinal Verducido e Popolo, posiblemente un dos mellores nesta competición contra un dos que peores datos ofrece. Somentes 3 vitorias para Popolo, pero 2 delas nesta edición. Verducido buscará o seu 4º título mentras Popolo tentará facer a “machada” no final de tempada.
Punteiro e Mina desputan para acadar o 5º posto da clasificación. Máis experiencia pola parte de Mina, que xa firmou un bronce neste torneo. Punteiro tentará gañar por vez primeira nunha 3ª rolda da Ojete’s Cup. Tendo en conta os datos, a estadística sinala a Mina coma favorita.
A primeira experiencia de Modesto na Ojete’s Cup está a ser agridoce. Pero pode mellorar se accede á loita polo 5º posto. Beocha busca o mesmo, pero coa presión de ser das mellores competidoras na Ojete’s Cup. Resultado incerto ainda que pesa a experiencia.
Tamén pesa a experiencia pesa máis na semifinal B entre Botikas e Lume. Tamén as vitorias e estadísticas están do lado de Botikas, que xa ten un título na vitrina. Lume loita contra Botikas e as estadísticas, pero xogando na India semella que pode pasar calqueira cousa. Esa é a esperanza para Lume.
A segunda semifinal cara a final B enfronta a Kaltxon con Marius. Con poucas participacións teñen unhas estadísticas moi similares, polo que predicir un resultado non semella doado. Un dos enfrontamentos máis parellos nesta 3ª rolda.
Tamén moi similares as estadísticas da confrontación entre Sarabia e Compoñente Sur. Moito mellor a efectividade en auga de Sarabia, pero Compoñente Sur xa acadou podio nesta competición. Con 2 derrotas, buscarán non ter que chegar á derradeira xornada para estrearse nas vitorias.
Moita máis experiencia para Michi na sua batalla persoal con Bar Pequeno. Somentes 1 vitoria para Bar Pequeno, que tentará cebar o seu casilleiro, Ademáis, ten o acerto no seu favor, ainda con menor participación. Michi semella atrancado neste lado do cadro, onde acada os mellores resultados cando perde na primeira rolda.