IX Liga da Inverneira de Galicia

eltiempoentuojete comprácese en apresentar a 10ª tempada de competicións meteorolóxicas.

E comezamos coa nosa Liga máis completa, a raíña da meteoroloxía amateur. A IX edición da Liga da Inverneira de Galicia está preparada e busca un campión.

A edición 2022/23 consta de 26 xornadas ó longo da xeografía galega, con inicio en Corrubedo e final en Xesteiras, no concello de Cuntis. As etapas son case as mesmas dos anos anteriores.

O inicio da competición está datado para o 26 de septembro en Corrubedo e o remate será o 20 de marzal en Xesteiras.

O noso provedor de datos vai ser o de sempre, o servizo galego de meteoroloxía habitual, Meteogalicia. Podes consultar tódolos datos na sua web, ainda que nós proporcionaremos os enlaces precisos para poder seguir o desenrolo da xornada ao vivo. As estacións de Meteogalicia actualizan os datos cada 10 minutos, o que fai máis dinámico o xogo. Ante calqueira faio avisaremos o antes posible e tentaremos trocar as estacións que non produzan os datos necesarios.

O horario de apostas segue a ser o mesmo. Aposta antes das 24:00 horas do venres e etapa ao vivo no domingo. O periodo de xogo vai dende as 0:00 horas do domingo ata as 23:59 do mesmo día.

As penalizacións seguen vixentes para @s retrasad@s que aposten despóis do horario previsto. Durante as primeiras 6 xornadas perdoaremos a quen aposte antes da 01:00 horas, sempre que non o faga por 3ª vez. Ou sexa, podes chegar tarde duas veces, nas 6 primeiras xornadas, pero sempre antes da 01:00 horas. Este periodo está feito para adaptar o horario á xente olvidadiza e con retardo.

Despóis da 6ª data as penalizacións serán implacables con calqueira que sobrepase o tempo límite de aposta.

No caso de dúbidas ou comunicacións de calqueira tipo, podes enviar un mail a eltiempoentuojete@gmail.com. Prometemos responder o antes posible. Da mesma maneira agradecemos que nos reportes calqueira faio que atopes na web, dende enlaces que non levan a onde deberían, información errónea, ou carencia de detalles importantes para o xogo.