1ª xornada
Corrubedo
Entorno
A estación meteorolóxica de Corrubedo é un clásico das inauguracións da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Para botar a andar fai falla un primeiro paso, quizáis o máis importante, e esta é a labor de Corrubedo dende a orixe da competición máis esixente da meteoroloxía amateur, na sua VII edición. Comeza a 8ª tempada de eltiempoentuojete.
A xornada inaugural da Liga da Inverneira xógase no concello de Riveira, na provincia de A Coruña. Ésta é a primeira toma de contacto dos meteoludópatas de eltiempoentuojete. Mellor no chegar tarde, e menos esquecerse de apostar… poder ser a tua lápida xa no comezo.
Esta xornada adoita ser morniña e sen sobresaltos, pero xa en tempos pasados tivemos algunha borrasca que compricou a competición.
O Parque Natural das Dunas de Corrubedo atópase no municipio de Santa Uxía de Ribeira, entre a ría de Arousa e as de Muros e Noia. Cunha extensión de 1000 Ha. podemos atopar fermosas praias, zonas de dunas (algunhas móviles) e lagoas tanto de auga salgada coma doce. Grande variedade de fauna e flora e ata restos megalíticos.
Localización
Datos da estación
A Estación Corrubedo está ubicada a 42,56º de latitude e -9,03º de lonxitude e a unha altitude de 30 metros. Situada, daquela, no concello de Ribeira, provincia de A Coruña , foi dada de alta o 11 de Febreiro de 2000.
Sensores
- Anemómetro-Veleta
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sonda de Presión
- Sonda de Temperatura e Humidade
Cámara ao vivo
Gañadores anteriores
- 2014/15: Mina
- 2015/16: Michi
- 2016/17: Mina
- 2017/18: Iago
- 2018/19: Oscar, Balboa
- 2019/20: Xowi, Lume
- 2020/21: Michi
- 2021/22: Michi
- 2022/23: Liam