Presentación do novo curso

Primeiro día de clase neste curso 2023/24 de eltiempoentuojete coa presentación da X Liga de Inverneira na Galiza.

Dar a benvida agarimosa a tódol@s que fan posible a competición senlleira de eltiempoentuojete. Orgullosos de ver de novo os grandes protagonistas da porra meteorolóxica, única na sua especie, e tamén de saudar e recibir @s nov@s incorporacións deste curso. Agardamos que Rasdgar, Erdogan, Neboa, Patoloco, Rayomaquín e Magor desfruten e sufran como fan moit@s dos compoñentes da tribu de predicción meteorolóxica. Calqueira dúbida que se vos presente podedes a trasladar ó noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com

A xornada inaugural da competición no país galego, coma sempre, corresponde a Corrubedo, no concello de Ribeira. Semella unha xornada sen sobresaltos e que podería dar múltiples gañadores ou, incluso, un pleno, os 60 puntos que levamos tempo sen contemplar nestes lares.

As temperaturas máximas oscilan entre os 19 e os 25º C. As mínimas van dende os 12 ata os 18º C. As apostas de chuvia na sua maioría non reflicten auga negunha, pero atopamos 3 apostas dun litro e unha, máis especial que achega ata 5 litros. Os refachos de vento móvense entre os 10 e os 37 km/h, con 2 apostas diferentes de 45 e 56 km/h.

Con estes datos temos por diante unha xornada moi desputada e que semella deixará poucas diferenzas na clasificación xeral. Agardamos unha etapa sen sobresaltos técnicos, que a web traballe como debe e non lamentar compricacións na retransmisión da xornada ao vivo durante o domingo.

Recalcar a benvida a tod@s, vell@s e nov@s e a desfrutar da meteoroloxía ludópata nesta nova aventura para o 2023/24.

apostas para corrubedo 2

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *