Ponte Caldelas semella ser outra vagoneta no convoy de borrascas que levan toda a semana a nos flaxelar con forza. Ventos de máis de 100 km/h. e acumuladas de chuvia de máis de 100 litros nalgunhas bisbarras. Foi o caso de Ponte Caldelas este xoves, onde superaron esa cantidade de chuvia e en toda a semana os refachos de vento non baixaron dos 50 km/h. nunha zona onde o vento adoita a ser miúdo. A chegada dunha nova fronte durante a tarde do domingo vainos a complicar a predicción nunha etapa histórica de eltiempoentuojete.
As temperaturas máximas sitúanse entre os 14 e os 17º C. En canto ás mínimas atopamos valores entre os 7 e os 13º C. Un pouco máis abertas que as máximas. Polo que respecta á chuvia, as cantidades varían entre os 3 e os 11 litros, ainda que con unha máxima de 24 e unha mínima que deixa baleiro o pluviómetro. No que atingue ós refachos de vento, temos marcas dende os 11 e os 46 km/h. cunha aposta alcista que chega ata os 60 km/h.
Con estas cifras agárdanos unha etapa con moitas varianzas ó longo do día e con resultado final incerto na espera de que nos deleite (ou non) esa nova fronte á chegar nas derradeiras horas da xornada. Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas desta mesma madrugada,ainda que o troco de datos contínuo dará comezo cara a mañanciña do domingo. Non a podes perder!!