2ª xornada

Kalimpong

Entorno

Kalimpong era unha óptima encrucillada para o comercio e paso obrigado dos roteiros que ían desde as ardentes chairas de Bengala aos reinos das neves. Todo acabou cando se produciu a invasión chinesa no Tíbet.

O rei de Bután segue mantendo unha casa para invernar en Kalimpong, unha cidade que marca o punto en que Bengala empeza a coller altura himaláyica e o té e a teca ceden o paso aos piñeiros.

Kalimpong abunda logo en templos que lle dan certo aire de cidade santa. Os cristiáns están moi presentes desde que en 1900 o misioneiro escocés John Anderson Graham fundou un orfanato que aínda funciona. Os nepalíes, que son maioría na cidade e non renuncian a un maior autogoberno, practican a súa fe hinduista no Dharmodaya Vihar

Localización

Datos da estación

A Estación Kalimpong está ubicada a 27.06 de latitude e –88.47 de lonxitude e a unha altitude de 1247 metros. Situada, daquela, no estado de West Bengal, India.

Esta xornada vaise desputar o Domingo 14 de Xullo. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 12 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa