eltiempoentuojete
XI Liga da Inverneira de Galicia
eltiempoentuojete comprácese en apresentar a 11ª tempada de competicións meteorolóxicas.
E comezamos coa nosa Liga máis completa, a raíña da meteoroloxía amateur. A XI edición da Liga da Inverneira de Galicia está preparada e busca un campión.
A edición 2024/25 consta de 26 xornadas ó longo da xeografía galega, con inicio en Corrubedo e final en Xesteiras, no concello de Cuntis.
As etapas son case as mesmas dos anos anteriores. Tivemos que trocar a estación de Cabeza de Manzaneda, despois de varias edicións de erros sobre todo no seu anemómetro. A nova estación xa foi a suplente na derradeira edición, a de Calvos, en Calvos de Randín, onde acadóuse a mínima temperatura histórica na competición galega.
O inicio da competición está datado para o 29 de septembro en Corrubedo e o remate será o 23 de marzal en Xesteiras.
O noso provedor de datos vai ser o de sempre, o servizo galego de meteoroloxía habitual, Meteogalicia. Podes consultar tódolos datos na sua web, ainda que nós proporcionaremos os enlaces precisos para poder seguir o desenrolo da xornada ao vivo. As estacións de Meteogalicia actualizan os datos cada 10 minutos, o que fai máis dinámico o xogo. Ante calqueira faio avisaremos o antes posible e tentaremos trocar as estacións que non produzan os datos necesarios.
O horario de apostas segue a ser o mesmo. Aposta antes das 24:00 horas do venres e etapa ao vivo no domingo. O periodo de xogo vai dende as 0:00 horas do domingo ata as 23:59 do mesmo día.
As penalizacións seguen vixentes para @s retrasad@s que aposten despóis do horario previsto. Durante as primeiras 6 xornadas perdoaremos a quen aposte antes da 01:00 horas, sempre que non o faga por 3ª vez. Ou sexa, podes chegar tarde duas veces, nas 6 primeiras xornadas, pero sempre antes da 01:00 horas. Este periodo está feito para adaptar o horario á xente olvidadiza e con retardo.
Despóis da 6ª data as penalizacións serán implacables con calqueira que sobrepase o tempo límite de aposta.
No caso de dúbidas ou comunicacións de calqueira tipo, podes enviar un mail a eltiempoentuojete@gmail.com
Estaremos encantados de resolver dúbidas, dar explicacións ou comentar calquer detalle que vos interese, vos intrigue ou vos rinche. Fala, carallo!!
Apreciaremos moito que nos informedes dos erros que atopedes, enlaces fallidos, calqueira falta de información oualgunha cousiña mal explicada ou errónea. Axúdanos a mellorar!!